Carapuchiña vermella: Cómo empezou todo

Texto: Bea Cornide

Este ano noso centro sociocultural ten coma centro de interese o traballo cos contos, concretamente o de carapuchiña vermella…. a idea inicial foi a de elixir unha personaxe e facer unha análise psicoloxica do mesmo intentando averiguar como pensa, como foi a súa vida, o que lle gusta e o que non…. e, a partir de ahí, crear unha historia. Unha vez obtida a historia, intentar ficcionala cos propios participantes…

O personaxe que eliximos para traballar a historia foi a AVOA DE CARAPUCHIÑA

Os participantes deste proxecto son os usuarios habituais de Escola de Cidadanía (todos os venres ás 19h) e son todos xente de idade con moitas ganas de facer cousas e sobre todo, ilusión.

Aspectos positivos Aspectos negativos
PoderMoi bondadosos

Comparten

Cariñosos

Gusto por aprender

Compartir – xenerosidade

Solidario/a

Humano/a

Respectuoso/a

Espiritualidade

Mandóns / rosmónsProtestóns

Con rarezas e manías

Intolerantes

Repetitivos/as nos gustos

Sen poder

Egoísta (inhumanos e pouco solidarios)

Doble moral (ir a misa e ser malos/as)

Falta de paciencia

En canto as situacións nas que podían vivir: sós, co cónxuge, co mozo/a, cos fillos, con familia (irmáns, sobriños/as….) ou en soidade (entendemos en soidade cando o maior viva so ou non ten esa sensación de soidade)

Unha vez analizado isto, decidimos qué características entendíamos que debía ter o “maior ideal” é dicir, o modelo de personalidade ideal que debería ter a persoa maior: Sociable, Liberal, Humano/a, Comprensivo/a, Cariñoso/a, Bondadoso/a, Con mundo – espabilado/a, Con moitas experiencias diferentes, Intelixente, Activo/a, Gusto polo deporte, Gusto pola lectura, Educado/a, Espontáneo/a…

Deste análise chegamos a conclusión de que a nosa protagonista debería ter estas características:

  • Lista
  • Traballadora
  • Doce
  • Humilde
  • Cariñosa
  • Hacendosa
  • Amable
  • Xentil
  • Ordenada
  • Sociable
  • Preocupada polos demais
  • Faladora
  • Guapa
  • Gusto por viaxar
  • Independente
  • Simpática
  • Administradora
  • Boa cociñeira
  • Deportista
  • Activa
  • Gusto pola natureza
  • Culta
  • Solteira
  • Con mozo

E coa seguinte situación de convivencia: Viviu no bosque coa súa filla porque naquela época estaba mal visto ser nai solteira, ten unha relación afectiva co cazador.

Como dinámica para crear o conto fixemos a seguinte, escribimos nun papel unha serie de situacións e accións e, as máis votadas eran as que comporían o conto. As elixidas foron as seguintes:

  1. Ir a unha festa de disfraces
  2. Salvar a alguén da morte
  3. Coñecer a un superheroe
  4. Casar co cazador

Unha vez decidido todo isto, puxémonos  a elaborar o conto tendo en conta a estructura dos mesmos: presentación, acción e desenlace.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s