Carapuchiña vermella, como empezou todo. O CONTO

Conto imaxinado e escrito polos participantes de Escola de Cidadanía

 Érase unha vez unha doce muller chamada María que vivía soa no bosque coa súa filla Eva.  Mudouse alí cando sendo moi nova quedou preñada estando solteira, cousa que na sociedade do momento non estaba ben visto; así que preferiu vivir soa no bosque criando á súa filla nun ambiente san e relaxado a vivir no estres da cidade e coa presión da sociedade que non vía con bos ollos a súa maternidade.

 Foi moi feliz no bosque, nunca lles faltou de nada e contaba co seu  amigo, o cazador, que lle axudou en todo, sobre todo nas tarefas máis duras. Foi unha época dura pero chea de felicidade…

 Cando Eva se fixo maior marchou á cidade a casa dos avós a estudar na Universidade tal e como fixera súa proxenitora, deixando a María soa. Soa no bosque.

Bueno, soa non, porque seguía estando con ela o cazador que tanto lle axudou sempre, co que cada vez tiña unha relación máis estreita e íntima.

 Unha tarde foron a un baile de disfraces, María ía de Princesa e o cazador de superheroe. Pasáronno en grande e xamais pensaron o decisivo que sería ese día para todos eles….

Volvendo para casa cando estaban cruzando na escuridade da noite a ponte sobre o río onde tantas veces ían pescar, viron cómo un mozo caía a auga. María, vestida de princesa, non o dubidou nin un só instante e saltou decidida a salvalo. Ela confiaba na súa forma física, dende sempre practicou deporte e nunca deixou ese hábito, nin sequera cando se mudou ao bosque.

 Cando sacou o mozo da auga, estaba inconsciente. Así que decidiron levalo a casa para que entrara en calor e que volvera á consciencia.

Cando o mozo espertou despois de tres días non se acordaba  de nada, nin do seu nome, nin onde vivía, nin cal era a súa idade… Nada.

María compadeceuse del e decidiu acollelo no seu fogar. Chamoulle Adán.

 Cando Eva regresou da cidade por vacacións sorprendeuse moitísimo ao atopar a Adan traballando na súa horta e sentiu unha descarga eléctrica no seu corpo. Inmediatamente se gustaron. Non eran capaces de evitalo. Gustábanse.

 Foron pasando os días e cada vez gustábanse máis. Así que decidiron que Eva remataría os seus estudos Universitarios e a volta formarían un fogar propio cerca de María.

E así é como acabaron vivindo na vila máis preto da casa do bosque onde se coñeceran e tan felices foran.  A gran sorpresa para Eva foi descubrir que non era a única que atopara o amor no bosque, xa que a súa nai, ao ver os plans de futuro dos mozos, decidiu camiñar pola vida xunto co cazador  do que descubriu que sempre estivera namorada cando Eva marchou á Universidade.

Eva converteuse na mestra do Pobo mentres que Adán seguiu sempre axudando a María nas tarefas da casa e de cando en vez acompañaba ao cazador na procura de comida e peles para afrontar o inverno.

 A felicidade máis grande das dúas parellas chegou cando Eva quedou preñada  e tivo unha nena, a máis bonita que xamais se vira no pobo. Estaba enlouquecida con ela e a súa avoa, María, moito máis; mandoulle confeccionar unha carapucha vermella que lle sentaba tan ben que era coñecida por todos como Carapuchiña Vermella….

 Paco, Choncha, María, Peregrina, Rosa

Advertisements

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s