Da historia ao guión (documentación)

Unha vez rematado o conto, comezamos a definir cómo queremos que sexa visualmente o noso conto, e atópámonos con que tiñamos que comezar a facer o guión. Asi que recurrimos á wikipedia para ver de que partes se compoñen os guions e como se fan… o grupo rápidamente entendeu cómo se facía, en tres sesións xa tiñamos o guion completo e o resultado foi o seguinte:

GUION:  CARAPUCHIÑA VERMELLA, COMO EMPEZOU TODO

1. EXTERIOR – BOSQUE – DIA

Bosque frondoso cunha casiña con horta. Nela están María 1 e Eva 1

NARRADOR:

Érase unha vez unha doce muller chamada María, que vivía soa no bosque coa súa filla Eva.

Mudouse alí cando, sendo moi nova quedou preñada estando solteira, cousa que na sociedade do momento non estaba ben visto.

2. EXTERIOR – ESCALEIRAS DA ALAMEDA – DIA

María 1 embarazada baixa as escaleiras detrás dun dedo acusador dun veciño.

                   NARRADOR:

Así que preferiu vivir soa no bosque criando a súa filla nun ambiente san e relaxado a vivir no estres da cidade e coa presión da sociedade que non vía con bos ollos a súa maternidade.

3. EXTERIOR – BOSQUE/HORTA – DIA

María 1 e Eva 1 traballan na horta e o cazador tráelles un conexo e as axuda coa leña. Cociñan o conexo e o comen.

CAZADOR

              (exaltado)

Mirade que conexo tan rico cacei hoxe! É o mellor do monte e mellor estará no pote! Vou recollendo unha pouca leña para cociñalo.

              MARIA 1

MMMM xa non me da chegado o momento de probalo! Vai encargándote ti mentres Eva e eu acabamos na horta

              NARRADOR

A vida transcorría tranquila no bosque para elas….

4. INTERIOR – CASA DO BOSQUE – DIA

 Eva 2 e María 2 están na porta da casa. Eva ten unha maleta na man. María con cara triste deséxalle sorte na nova vida de Eva na cidade e na Universidade

              EVA 2:

         (contenta)

Si, mamá, teño anotados os números dos avós, e dos tíos….. tamén levo todo o que me dixeches. Voume a portar ben e estudar moito….

         MARIA 2:

     (apenada)

Eva, tes que ter coidado e estar atenta, non estás afeita a vivir na cidade nin a hipocrisía que hai alí

5. EXTERIOR – CAMPUS SUR – DIA

Eva 2 coa súa maleta na man entra no campus universitario

6. EXTERIOR – BOSQUE – DIA

O Cazador e María 2 están no bosque. María 2 cae, e o cazador vai correndo a axudala. María 2 sonrie e abrázanse.

7. INTERIOR – CASA/HABITACIÓN – DIA

María 2 está vestíndose e maquillándose de princesa mentres canturrea.

8. INTERIOR – CASA/PORTA – DIA

O Cazador está esperando diante da porta vestido do zorro. Toca a porta e María 2 abre vestida de princesa. María sae da casa, collese da man do Cazador e van andando.

9. INTERIOR – SALON/ZONA CAFETERIA DO CENTRO – DIA

O Cazador e María 2 disfrazados están nunha festa de disfraces bailando e pasándoo moi ben e deciden marchar antes de que remate a festa

MARIA 2:

         (contenta)

Vamos?

10. EXTERIOR – BOSQUE/PRETO DA PONTE – NOITE (NOITIÑA)

O Cazador e María 2 disfrazados van cara casa e cruzando na ponte óese un grito de auxilio e ruído de auga. María 2 vota a correr.

11. EXTERIOR – BOSQUE/BEIRA DO RIO – NOITIÑA

Adan está tendido á beira do río e María 2 disfrazada faille a reanimación cardiorrespiratoria. Adan vota auga da boca, tuse e incorpórase.

              MARIA 2:

Como te encontras? Estás ben? Como te chamas?

         ADAN:

     (Aturdido)

Non sei… non lembro nada…

12. INTERIOR – CAMA – HABITACIÓN – NOITE

Adan está na cama. Ábrese a porta, entra María 2 cunha bandexa cun tazón de leite quente. Deixa a bandexa na mesilla e se senta na beira da cama.

              MARIA 2:

Como estás?, atópaste mellor?. Bebe este leite quente

Xa verás o ben que senta…

Adán incorpórase. Sorrí e bebe o leite agradecido.

              ADAN:

         (Agradecido)

Sigo sen lembrarme de nada… nin do meu nome, nin de  como acabei no río….. se non fora por ti – –

         MARIA 2:

Non sigas. Non te preocupes por nada. Podes estar aquí o tempo que queiras.

13. EXTERIOR – HORTA – DIA

Adán está traballando na horta. Eva vese de lonxe coa maleta. Eva 2 párase e sorrí, quedase quieta mentres mira fixamente a Adán. Adan levanta a cabeza e quédanse un bo rato en silencio.

              NARRADOR:

Cando Eva regresou da cidade por vacacións sorprendeuse moitísimo o atopar a Adan traballando na súa horta… e non puido evitalo…. gustáronse…

14. EXTERIOR – BANCO / TRONCO DO BOSQUE – DIA

Eva e Adan están sentados collidos das mans e con cara de pena.

              ADAN:

         (cara de namorado e con pena)

     Cómo te vou a votar de menos….

              EVA2:

Non te preocupes, que só me queda un ano de carreira e despois xa poderemos estar xuntos… Voute a escribir

              NARRADOR:

E así foi como selaron o seu amor Eva e Adan. Ao rematar Eva a Universidade fóronse a vivir os dous a unha casiña no pobo máis preto da casa de María.

15. EXTERIOR – BOSQUE – DIA

María 2 e Eva 2 están paseando polo bosque.

              MARIA 2:

Filla, teño algo que contarche. Voute a dar unha sorpresa.

Primeiro séntate.

Eva, séntase

              MARIA 2:

Mira filla, estou namorada do cazador, sempre o estiven. Dinme conta cando marchaches a estudiar.

E, ahora que estou soa, vaise vir a vivir a casa.

Eva sorrí e abrázanse

              EVA 2:

Como me alegro mamá! Ti, co cazador! Xenial!

16. INTERIOR – BIBLIOTECA – DIA

Eva 3 (preñada) está na aula, diante do encerado e sona a campá e os nenos marchan correndo.

NARRADOR:

Eva comezou a traballar como mestra do pobo, mentres que Adan seguía axudando en todo a María e o Cazador na casa do bosque.

A felicidade máis grande das dúas parellas chegou cando Eva quedou preñada  e tivo unha nena, a máis bonita que xamais se vira no pobo. Estaba enlouquecida con ela e a súa avoa, María, moito máis; mandoulle confeccionar unha carapucha vermella que lle sentaba tan ben que era coñecida por todos como Carapuchiña Vermella….

17. EXTERIOR – BOSQUE – DIA

Está toda a familia comendo no bosque (ESCENA FINAL)

Advertisements

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s