Unha primeira proba de cámara


Ficcionar a preprodución de Carapuchiña vermella, como empezou todo

Texto e fotos: Luis González

Unha das primeiras actividades que realizamos no equipo foi a simular o ambiente que existirá na filmación dunha curtametraxe. O obxectivo era que puidésemos coñecer como será a organización do espazo de rodaxe, o que case sempre resulta bastante estraño: a localización, a colocación da cámara, os elementos presentes no cadro (e tamén aqueles que sobran). Tamén importante: a posición das personaxes, o atrezzo necesario, a iluminación… . Son tantos os elementos que debemos ter en conta, que decidimos vivir a irrealidade dunha montaxe dende o primeiro minuto.

O 20 de maio propuxémonos recoller cunha cámara fotográfica toda a reunión que se dedicou a traballar no guión.

O resultado foi bastante interesante dado que o equipo, que recibiu un mínimo de instrucións: falar con normalidade, retirar da mesa tódolos elementos de distracción, non facer caso a intromisión do cámara, tampouco non mirar directamente a ela.

Eu que nese momento asumín o rol de director de fotografía e cámara, sentinme coma un observador privilexiado porque aínda que era unha das primeiras reunións deste grupo ás que asistía, puiden moverme libremente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s