Tarde de localizacións (1)

Saída polo campus sur e río Sarela
Texto e fotos: Luis González

Unha vez que temos o “story board” puidemos empezar a localizar os espazos onde rodar. Iniciamos a nosa procura no Campus Sur da Universidade. O Colexio Maior de Fonseca pode ser válido para a escena da chegada de Eva a universidade. Un edificio antigo, nobre, coa porta circular o cal lle confire un aire de modernidade e mesmo dinamismo, algo que nos apetecía transmitir das psicoloxías das nosas protagonistas femininas.

No río Sarela o paseo foi moi agradable, e vainos servir para ubicar o noso espazo de bosque, desexamos transmitir unha idea de rural idealizado, entre a vexetación e a presencia do río fai un ambiente moi agradable… que de a sensación de que todos queríamos ter unha casiña nun espazo así e vivir en contacto coa natureza.

Alonxados do colexio maior, xa no río Sarela, estivemos a procura de emprazamentos segundo as escenas do guión. É importante aprender a escoller os elementos que necesitamos, tomándoos dos espazos que dispoñemos ao noso redor. A mirada cinematográfica debe aprender a coller unicamente o que necesitamos, e desbotar o que sobra e desvía da nosa historia. Aquí a idea de “fora de campo” a imaxe que rodea ao plano é non é visible ao espectador, pero que si o é imaxinable, digo que cobra moito senso dado que o que non capta a cámara o imaxina a mente completando un escenario que pode existir ou non tal e como o imaxinamos….

Nese senso é moi alecionador coma un espazo que en realidade é un parque fluvial, o imos entrar converter nun bosque profundo.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s