Preparados…. Listos…. acción. Cronica do primeiro dia de rodaxe

 

Texto por Bea Cornide

Comezamos a rodar a curta, e foi como esperaba, unhas risas constantes! O día D, foi o 4 de xuño e a hora H, foron as 17h.  Íamos rodar as esceas número 2 e 5 porque tiñan como escenario o Campus Sur e a Alameda.

A escea 2 é a que presenta a María embarazada de Eva paseando coa súa barriga e as veciñas criticando a súa situación, e a escea 5 narra cando Eva marcha a Universidade.

Unha vez explicado o que se gravou vou a comezar a relatar o que pasou esa tarde: cando cheguei ao centro atopeime a Eva (María) completamente caracterizada cun vestido para a ocasión, gafas de sol e perruca. Estaba falando con Marilar que estaba aproveitando para facerlle unhas fotos co móbil. No baño estaba cambiándose de roupa María (Ines) e preparada para unha sesión de maquillaxe, a barriga decidiu poñela no lugar de rodaxe porque lle daba apuro ir así pola rúa. Estaban simpatiquísimas e no camiño a Alameda todo o mundo quedaba mirando cara Eva e María xunto co resto da comitiva que non podía reprimir un sorriso…..

Cando chegamos a alameda tivemos que buscar o mellor sitio para rodar, xa que había demasiado sol e había que atopar un sombrío para que os cambios de intensidade de luz non estragaran as tomas. E así foi como comezamos a rodar nun sitio con bastantes árbores e despois de hora e media case morremos todos de frío!!!!  Luís gravando coa súa cámara con trípode, as actrices por alí ensaiando, os extras… e Paco e mais eu controlando o paso dos transeúntes para que non interromperan a gravación. Foi moi cómico pero acabamos todos/as mortos/as de frío!!!

Despois decidimos esperar un ratiño ao sol para entrar en calor e comezar o rodaxe da seguinte escea.  A entrada de Eva na Universidade.

O sitio elixido foi a entrada ao Colexio Maior de Fonseca, xa que a porta xiratoria daba un toque moi especial. Decidimos que Eva tiña que levar a mesma perruca que María de xoven xa que é a única maneira de que se parezan un pouquiño, así que colocamos a perruca a Eva e,… a gravar!

No momento, Luís, o director técnico, decidiu que sería interesante meter a Adan (Paco) na escea, colocámoslle a perruca que trouxo Eva cando chegou para a rodaxe e…. acción!!!

Para que vos fagades unha idea de como foi, vou a compartir con todos vos estas instantáneas! Unha aperta e moitas grazas por seguirnos

rodaxe dia 1
Advertisements

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s