CRONICA DO 2º DIA DE RODAXE

Texto e Fotos por Bea Cornide

Venres 18 de xuño pola tarde, quedamos co equipo sobre ás 17h no centro para dirixirnos a zona de San Lourenzo para gravar as esceas 1, 3 e 4.

A escea 1 é como o seu número indica a que presenta os personaxes, e nela están a protagonista da historia MARIA xunto coa súa filla EVA traballando no bosque cando chega o cazador cun  coello que despois comerán na cea (esta xa é a escea 3, se queredes podedes ver o post do guión e o da historia para poder seguila). Tamén aproveitamos para gravar a escea na que Eva se despide da súa nai, María, cando marcha para a Universidade.

Comezamos a tarde con mal pé, xa que cando chegamos atopámonos que non tiñamos o trípode da cámara porque no levaran por erro cun foco para un festival que se ía a celebrar en outro centro, así que rapidamente me metín no meu papel de produción e me dirixín ao centro en cuestión acompañada de Paco [Adan] para poder recuperar o aparello…. e claro, con tanto movemento confundinme e levei o que non era!!! Tiña que coller un trípode especial para a cámara de Luís que lle permitía filmar coa cámara en movemento sen que se notara vibración, e tróuxenlle un trípode normal, así que tivemos que apañarnos e se gravaron todas as tomas con cámara fixa (quedaron moi ben de todos xeitos).

Cando chegamos ao lugar de gravación xa estaban todos alí, Eva perfectamente caracterizada con dúas coletas e un mandilón rosa que fixo ela mesma,  María xa vestida pero sen perruca, así que me dispuxen a colocarlle a perruca e a retocar lixeiramente o maquillaxe e a facerlle o peiteado máis axeitado.

  

O cazador estaba xenial!!! conseguimos un chaleco de cazador e el trouxo  unha escopeta de balíns e un coello vivo para a gravación e unha olla cunha estrepia para gravar a escea cando cociñan o coello, estaba insuperable!!!! 

Primeiro gravamos a escena de Eva e María traballando no bosque, despois a do cazador cazando o coello, e mentres gravaban cando se cociñaba o coello aproveitamos para que Eva medrara por segundos e se caracterizara como unha moza que marchaba á universidade… Así que puxémoslle a perruca que utilizaba María caracterizada de xove e vestiuse cun vestido de “época” que é o mesmo que se utilizou para a entrada na Universidade. Había que traballar tamén o maquillaxe e o resultado gustounos moito.

No inicio da ruta do rio Sarela dende San Lourenzo, hai un muíño restaurado do que ultilizaremos a porta para simular a casa do bosque de María, queda xenial tal e como veredes tanto na curta como nas fotos colgadas neste blog.

Cando rematamos eran as 10 da noite e nos case sen darnos conta!!! que rápido pasa o tempo cando se está entretido….

 Se queres ver mais fotos… preme aquí

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s