E…. XA VAMOS POLO TERCEIRO DIA DE RODAXE…

Texto e fotos por Bea Cornide

Venres 25 de xuño, cinco da tarde e un calor de xustiza… vamos a gravar ao sarela!!! xenial, menos mal porque co calor que vai non aguantaríamos noutro sitio!

Hoxe toca gravar as esceas nas que O Cazador vai a buscar a María para ir a unha festa de disfraces e a escea na que Eva e María se confesan as súas respectivas relacións (foto). Hoxe tamén xoga a Selección Española no Mundial de Sudáfrica así que remataremos antes a gravación.

Estase a converter nunha moi agradable rutina as gravacións dos venres, sobre todo estes últimos que foron no Sarela… é un sitio tan relaxante que merece a pena ir ata alí para facer calquera cousa. Neste caso gravar.

Nada máis chegar, Luís, indícalle aos actores o que vamos a gravar e como o vamos a facer, así coma repasar con eles cales serán os movementos e expresións que se precisan para poder narrar a historia visualmente. Eu mentres tanto me encargo de que os actores e actrices estean perfectos, colocando as perrucas, maquillando…. no que precise.

Cada vez gravamos máis rápido, debe ser porque xa nos estamos adaptando uns aos outros e a entender o que esperamos cada un de todo isto. Desde logo, está sendo unha experiencia do máis gratificante tanto para os participantes actores e non-actores como para os animadores.

As oito xa rematáramos de gravar, así que… todos para casiña cun gran sorriso na boca despois de pasar unha tarde tan agradable! O próximo dia de rodaxe será o mércores no centro sociocultural, gravaremos o baile de disfraces así que convidamos a todo o mundo que quixera participar a que se achegara ás 18h no centro co seu disfraz, despois faremos unha pequena festiña celebrando que remata o ano, que estamos todos xuntos, que estamos disfrazados, que estamos contentos…. por celebrar que non quede!

Por certo, a selección gañou o partido!

Se queres ver mais fotos… PREME AQUÍ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s