COMEZANDO CON GANAS por Maite Pérez Franco, monitora de traballando a memoria

Texto por Maite Perez

Ola a todos e todas,

Pedíronme que escribira un post para este blog e a verdade non teño moi claro por onde comezar…. creo que empezarei por falarvos dos usuarios do meu curso. Que podería dicir deles? Pois, que están aquí para beneficio propio. Acoden á actividade para mellorar a memoria, pero descoñecen o beneficio que eles e elas lle fan á nosa pequena comunidade ou Centro Sociocultural. Tal vez parte da sociedade non se fixe neste pequeno detalle, pero os que non reparan neste efecto están perdendo o gran potencial que este colectivo pode aportarnos a todos e todas.

Podería comentar as diferentes actividades feitas, ou cada unha das programacións levadas a cabo con eles e elas ó longo do curso pasado, pero estaría esquecéndome de certa parte humana que aportaron, e da que non podo nin me quero esquecer. Sí, toda a programación está centrada para a mellora da memoria, e dos aspectos cognitivos, na adquisición da destreza de certas habilidades, así coma na estimulación do recordo. Diso se trata. Este tipo de actividades fanse para lograr eses obxectivos. Pero estaría omitindo a gran familia que se xerou a través desta acción, das risas que ocupan cada clase, e do veloz que o tempo corre cando estamos xuntos.

Pero tal vez nunca lles dixen a parte fundamental que son para este Centro, nin a importancia que teñen para nós, que é moita.

Acórdome do esixentes que son consigo mesmos en cada exercicio. Lémbrome da incrible memoria de Loliña para recordar sucesos que tiveron lugar hai mais de 50 anos, cunha precisión incrible. Ou cando un dos participantes lle dixo á propia Loliña o guapa que era, e si se xuntaban para ir tomar algo e ir a divertirse (teño a  cara que esta puxo gravada na memoria). Lémbrome cando Vicky –sí, Vicky para min e para tod@s os compañeir@s, é así o apelativo cariñoso que lle puxemos- mete a pata sen darse conta, causando as risas dos colegas; e como lle encanta inventar historias (¡e a facilidade que ten para crealas¡). Recordo as conversacións sobre actualidade, política e goberno que tanto fan discutir a Carmen, José, Lucía,… a todos e todas. Temas que lles fan ter os pés na terra, conversas das que me fan ver o antes (a súa experiencia de fai moitos anos), e o de agora (a nosa actualidade), coñecendo así cada unha das súas vivencias. Olga e Rosa, que foron de viaxe a Exipto e me trouxeron tarxetas postais… e máis!

Sí, traballamos e melloramos, pero tamén compartimos, rimos e choramos. Discutimos, coñecémonos, recordamos e cantamos. E iso, ó final, é o que realmente se recorda: a sensación doce e alegre de ir a aula, e compartir con eles unha parte de historia de vivencias de sabiduría… se xa o di o refrán, máis sabe o demo por vello que por demo.

Pero o que xamais esquecerei, é o último día do curso pasado 2009-2010. Pois, fixemos unha merenda inesquecible de despedida, con cantos e risas. Sacamos fotos e choramos tamén. Déronme un agasallo que xamais esquecerei, e que me fai recordalos a todos e cada un deles con moito cariño. Por todo iso, teño moitas ganas de comezar un novo curso con eles.

Benvido o curso 2010-2011.

Advertisements

2 comments

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s