Que é iso do Samaín?

Texto por Bea Cornide

cabaza de samain A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor aos defuntos, marcando a transición do outono ao inverno nesa noite. Os celtas crían na inmortalidade das almas e tiñan unha preocupación especial polos queridos defuntos expostos ao frío, a escuridade do inverno, a intemperie e a tristura dos camposantos. A noite do Samaín foi habitualmente descrita coma unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesa data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o do alén, dándolle a xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos. Esa noite non se saía da comunidade, reuníanse todos os veciños ao redor dunha cacharela e prendían un lume sagrado de pólas de teixo, coas que serían alimentadas as lareiras de todas as casas, despois preparaban alimentos e agasallos para os que os parentes finados puidesen volver visitar as súas vellas casas, comer nas mesas e quentarse ao carón do lume da lareira.

A festividade duraba unha semana e finalizaba coa festa dos mortos, e con ela comezaba o ano novo celta. Esta festa era unha das máis importantes, xa que celebraban a comuñón do que sería para nós o “ceo e a terra”. Para eles o lugar dos mortos era un lugar de felicidade perfecta na que non existen nin a fame nin a dor. Os celtas celebraban esta festa cos ritos nos que os druídas facían de médium e se comunicaban cos seus antepasados esperando seren guiados nesta vida cara á inmortal.

CRISTIANIZACIÓN DA FESTA
Como ocorreu con moitas outras, para poder perdurar tivo que cristianizarse. Ao longo do tempo a Igrexa foi modificando esta celebración, dedicaban ese día a “Todos os Mártires” xa que a festividade de “Todos os Santos”, en memoria dos santos anónimos, era o 13 de maio ata que no s. XVIII a cambiaron para o 1 de novembro. No s. IX ordenouse que a festa a Todos os Santos se celebrara universalmente e que o día anterior fose un día de vixilia para preparar a festa que resultou coincidir coa celebración pagá do Samaín o 31 de outubro (agora chamado Halloween, nome que provén da frase “All hallow´s Eve” ou “véspera de Todos os Santos” entre os anglosaxóns, que nada ten que ver coa festa cristiá de Todos os Santos)

MANIFESTACIÓNS DO SAMAÍN EN GALICIA
Segundo as nosas vellas tradicións, as almas viñan á terra no Día de Defuntos con moi diversas fins. Por iso nuns lugares púñanlles de comer, para que non pasasen fame; noutros botaban ese día un gran pau ao lume, para que se quentasen no caso de ter frío; noutros era considerado pecado varrer pola noite a cociña porque se lles daba para atrás, impedíndolles que se acheguen á lareira; e noutros tense por acción inhumana pechar de golpe as cancelas ou portelos, porque se mancaban.

Era habitual neste día coller cabazas, tallalas cunhas caras feroces e deixalas nos camiños para asustar os camiñantes ou deixalas na porta da casa cun anaco de pan e facer colares con castañas novas. En Quiroga (Lugo) é tradicional secar a cabaza tallada e conservala para usar de máscara polo Entroido.
En Galicia tamén é tradicional neste día celebrar o Magosto.

Este costume coincide co antigo celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s