CALZADOS LOLA , terceira lectura do club de lectura

Texto por Patricia Nuñez

CALZADOS LOLA (1997) Suso de Toro

Novela publicada no ano 1997, Premio Blanco Amor.

 “Todo aquilo ocorreu pouco despois de volver a empezar eu a oír os ruídos do mar, penso que empezaran de novo había xa dous días. Os ruídos sentíraos desde neno por tempadas, miña nai levárame ao médico, fixéranme radiografías e todo iso, mais nunca me viran nada, que eran cousas que desaparecía ao medrar dixéranos o último que me mirou. Por entón había xa un par de anos polo menos que non os sentía, desde que volvera da mili. Como se en cambiando de lugar e de vida desaparecesen para sempre.”

Calzados Lola é un relato mítico de iniciación no que o heroe, tamén a heroína, teñen que andar un camiño para gañar un coñecemento: quen son eles verdadeiramente, a través de coñecer a súa historia familiar oculta. En Calzados Lola relátanse varias historias. Vidas veladas.  O pasado e o presente, os pais e os fillos e os avós, os vivos e os mortos. Unha viaxe á orixe, unha escapada. O odio e o amor, a morte e a resurrección. Dúas novelas, unha de suspense e acción que nos arrastra na súa viveza, e outra densa e fonda que conta a crise, esfarelamento e reconstrucción da identidade persoal.

Biografía do autor:

 Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956).

Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. Escritor, Premio Nacional de Narrativa 2003.

 
Como narrador publicou:

 ”Caixón desastre” (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; ”Polaroid” (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; ”Land Rover” (1988), novela; ”Ambulancia” (1990), novela; ”Tic-Tac” (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; ”A sombra cazadora” (1994), novela; ”Conta saldada” (1996), novela; ”Calzados Lola” (1997), Premio Blanco Amor 1997; ”Círculo” (1998), relatos; ”Non volvas” (2000), novela, Premio da Crítica Española; ”Trece badaladas” (2002), novela, que foi adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa 2003; ”Morgún (Lobo Máxico)” (2003), novela; ”Home sen nome” (2006), novela; e ”Sete palabras” (2009), novela.

 
Escribiu os libros de xornalismo e ensaio:

 ”F.M.” (1991), ”Unha memoria da esquerda nacionalista (Camilo Nogueira e outras voces)” (1991), ”Eterno retorno” (1996), ”Parado na tormenta” (1996), ”O país da brétema” (2000), ”A carreira do salmón” (2001), ”Nunca máis Galiza á intemperie” (2003), ”Españois todos” (2004), ”Ten que doer” (2004), ”Outra idea de España” (2005), ”Madeira de Zapatero. Retrato dun Presidente” (2007) e ”Outra Galiza” (2008).

 
Publicou ademais a obra de teatro ”Unha rosa é unha rosa” (1997) e ”Servicio de urxencias” (2002), guións de televisión, sendo protagonista do libro, preparado por Antonio Pedrós-Gascón, ”Conversas con Suso de Toro” (Xerais 2005).

 
Enlaces:
O blog do autor:  http://susodetoro.blogaliza.org/lang-pref/gl/

– Enlace as súas obras publicadas por Edicións Xerais de Galicia:   http://www.xerais.es/cgigeneral/busquedas.pl

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s