SUEÑOS EN EL UMBRAL segunda lectura do club de lectura

Texto por Patricia Nuñez

Sueños en el umbral – Fatema Mernissi

 Premio Príncipe de Asturias das letras 2003.

 Co poder do encantamento das fábulas e a forza narrativa das historias realmente vividas, “Sueños en el umbral” é unha ponte tendida entre dúas culturas: a europea e a magrebí. Esta máxica recreación dun mundo extinguido, no que unha nena vese obrigada a navegar entre fronteiras para salvagardar a súa futura integridade de muller, adquiere universalidade no seu exotismo grazas ao fío de prata co que a autora tece os innumerables contos e anécdotas do patio no que estaba confinada, no harén da súa familia en Fez.

Biografía da autora:

Escritora marroquí nada en Fez en 1940, no seo dunha familia burguesa e educada por mulleres analfabetas, enclaustradas en nome da honra e a tradición, puido escapar ao destino que esa mesma tradición reserváballe.

Estudou Ciencias Políticas e foi bolseira pola Sorbona para un doutoramento na universidade de Brandeis, Estados Unidos.

Historiadora, ensaísta, doutora en socioloxía e profesora na Universidade Mohamed V de Rabat.

Consultora de diversos organismos internacionais.

Filla e neta de mulleres analfabetas, Fátima Mernissi falou só árabe até o vinte anos. Decidido a traspasar, entre outras, a barreira do idioma, non só aprendeu varias linguas senón que case nunca escribiu na propia. Até a guerra do golfo Pérsico, en 1991, escribiu en francés. Desde entón, cun sentido pragmático, faio en inglés.

Fátima Mernissi é unha das voces máis elocuentes da intelectualidade do mundo árabe e unha autoridade mundial en estudos coránicos.

En 2003 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras, xunto a Susan Sontag.

Entre as súas obras destacan:

 Sexo, ideoloxía e Islam 1975, O harén político: o profeta e as mulleres, 1987 (que é un estudo histórico onde narra o importante papel das esposas de Mahoma), Sultanas esquecidas, 1990, Marrocos a través das mulleres, 1991, consistente nunha serie de entrevistas a campesiñas, videntes, obreiras e serventas; e especialmente O fío de Penélope, 2004, onde nos mostra un Marrocos que avanza cara á modernización, tanto tecnolóxica como social, sen esquecer os seus costumes ancestrais.

Outras obras: O medo á modernidade: islam e democracia, obra na que fai un penetrante análise da nova orde mundial imposto tras a Guerra do Golfo; Sueños en el umbral: Memorias de una niña del  harén, 1996.

ARTIGOS DE INTERESE SOBRE A AUTORA:

“Marruecos: Una musulmana diferente – Fatema Mernissi”

http://www.prensaindigena.org.mx/?q=content/marruecos-una-musulmana-diferente-fatema-mernissi

 Información ampliada sobre biografía e obra :

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/mernissi.htm

 Información sobre Fez e Marrocos na wikipedia: (historia, sociedade, relixión…)

http://es.wikipedia.org/wiki/Fez_(Marruecos)

http://es.wikipedia.org/wiki/Marruecos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s