Chegou o gran dia… a estrea da curta!

Texto e fotos por Bea Cornide

Por fin chegou o gran dia! Imos a estrear a obra e presentala ao resto dos usuarios do centro!!! que nervios!!! gustaralles ou non???

O martes 14 de decembro ás 19h foi o gran dia, o dia da estrea, para elo engalanamos o centro e puxemos unha gran alfombra vermella que nada tiña que envexar as dos festivais de cine mais recoñecidos. Puxemonos guapos e guapas para a ocasión e dispuxémonos a disfrutar dun dia moi especial para todos nos, sobre todo para os que traballamos máis directamente na curta.

Os protagonistas da curta chegaron sobre as 18h para estar todos xuntos, facerse fotos no photocall con familiares e amigos e mentres tanto ir vendo e disfrutando do ambientillo que se estaba creando. Entre usuarios habituais, curiosos, familiares e amigos xuntámonos máis de 100 persoas e o salón de actos so tiña capacidade para 70!!! Asi que fixeronse dous pases da proxección, despois do segundo pase fixemos un coloquio ao mais puro estilo “Versión Española” onde os asistentes puderon preguntar todo o que quixeron a animadores e actores mentres disfrutabamos dunhos pinchos encargados a unha das tendas de comercio xusto da cidade.

Ao remate do acto, alá sobre as 21h seguimos a festa ceando nun establecemento preto do centro, aproveitando as ganas de pasalo ben e o guapos que nos puxemos todos para a ocasión.. se queredes saber máis podedes ver as fotos do evento premendo na imaxe:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s