Os pequenos reporteiros no nadal traballan sen descanso no Ensanche

Texto por Bea Cornide

Chegou o nadal e con el, as vacacións escolares!!

Este ano o CSCXM O Ensanche oferta aos rapaces de 6 a 12 anos a oportunidade de converterse nun reporteiro …… Cada día, o centro sociocultural converterase para os nenos participantes nunha redacción con moitas noticias que contrastar e traballar…. dependerá do esforzo do grupo sacar a edición diaria.  Cada maña terán a misión de buscar noticias e dalas a coñecer a través do medio de comunicación no que traballen. Ao rematar a xornada, subiranse ao blog do centro sociocultural o traballo dos grupos para que o seu publico os poida ver.

 Os participantes converteranse en reporteiros e terán que traballar xuntos, organizando o traballo e distribuíndo as funcións necesarias para sacar o seu traballo adiante.

Os pais, traballadores do centro e usuarios poderán ver o traballo dos pequenos reporteiros en Internet así coma facer comentarios, facer suxestións e dar ánimos para que sigan co seu traballo.

Durante esta experiencia os rapaces aprenderán algo máis sobre os medios de comunicación en xeral e o medio no que traballa en particular. Aprenderán a manexar a tecnoloxía básica e propia do medio, coñecerán por dentro como é unha emisora – plató de tv – redacción dun periódico, e poderán falar cos profesionais que alí traballan.

Os traballos que vaian facendo irémolos colgando neste blog, asi que… estade atentos!!!

*para poder ver todos os post relacionandos con Pequenos Reporteiros, premede na categoría desto mesmo nome e salirán todas as novas ordeadas cronoloxicamente dende a mais recente

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s