ISAAC DIAZ PARDO. Historia viva, o último galeguista

Texto por Bea Cornide

O sábado 22 de xaneiro ás 18h, proxéctase no centro o documental ISAAC (2007) de Cinemas dixitais (Axencia Audiovisual Galega) que comeza a presentación da ficha do documental da seguinte maneira:

“Intelectual galeguista, Isaac Díaz, ademais dunha personaxe clave na historia deste pais, é probablemente a persoa pública máis apreciada e querida en Galicia ao ter ese don especial de ser próximo e real, xente da casa. Este documental non pretende ser unha homenaxe, senón unha análise de diferentes temas de actualidade dende a perspectiva dun home que forma parte da mellor xeración de intelectuais e artistas nados en Galicia.”

No 1920 nace na Casa da Tumbona, na rúa das Hortas de Santiago de Compostela; a vida de Isaac está moi marcada polo seu pai, o pintor Camilo Díaz Baliño, considerado o escenógrafo mais importante e un dos artistas gráficos máis destacados de Galicia. Compre dicir que traballou como delineante para o Concello de Santiago, foi tamén membro das “Irmandades da fala”, polo que Isaac, durante a nenez, coñeceu a Castelao, Vicente Risco, Otero Pedraio, Ramón Cabanillas, Asorey, Blanco Amor, entre outro, incluso axudou ao seu pai na realización dos carteis do Estatuto de Autonomía. O pouco de comezar a Guerra Civil Camilo Díaz foi fusilado e a familia de Isaac tivo que refuxiarse na Coruña. Dous anos despois falece a súa nai e comeza a sentirse atraído pola pintura de retrato que o levará no 1940 a optar por unha bolsa da Deputación da Coruña que lle permite iniciar os seus estudos de Belas Artes (deseño industrial) na Escola de San Fernando de Madrid, onde coñeceu a que foi a súa esposa. Coñece o renacemento italiano durante a súa estancia alí durante o seu proxecto de fin de carreira… e así comeza a súa ampla carreira como pintor, ceramista, empresario, escritor, editor, deseñador, cartelista, escenógrafo, intelectual, xestor e promotor cultural, defensor a ultranza da cultura galega, da liberdade e da pluralidade.

Como resumo da súa extensa vida e obra destaca o seguinte:

1939-42 estuda na Escola de San Fernando, Madrid, Belas Artes

1941 participa na primeira experiencia española sobre deseño industrial

1942 Viaxa por Italia e entra en contacto coa pintura do renacemento

1943 cubre unha praza auxiliar de profesor de debuxo na Escola de Belas Artes San Jordi de Barcelona

1943-48 exerce coma pintor realizando diversas exposicións por toda España.

1949 Funda a fábrica de cerámicas O Castro (Sada) xunto con José Rey Romero e Federico Nogueira

1951 primeira exposición das creacións de porcelana de O Castro. Comeza o seu proxecto de Dinamización sociopolítica e empresarial que trababa a modernización e intenacionalización da cultura galega e a rexeneración da desarticulada historia do noso país

1955 viaxa a Arxentina e entra en contacto cos galeguistas do exilio (Luís Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Laxeiro, Blanco Amor…) converterase na ponte de unión entre o exilio galego en Arxentina e os intelectuais galegos residentes en Galicia. Funda alí outra fábrica de cerámicas en Magdalena (1955-68)

1963 funda o Laboratorio de Formas en A Coruña, Ediciós O Castro

1970 Inaugura o Museo Carlos Maside (Sada), a Fábrica de Sargadelos (complexo industrial e cultural que abrangue a fábrica de Sargadelos e O Castro) e funda o Seminario de Estudos Galegos

1972 declaran Conxunto Histórico-Artístico o antigo recinto de Sargadelos e iniciase a actividade do Seminario de Sargadelos. Crease a galería Sargadelos en Barcelona.

1976 funda o Instituto Galego da Información, xunto con Lorenzo Varela

1988 concedenlle a Medalla de Ouro da Cidade de Santiago de Compostela

1992 é nomeado doutor honororis causa pola Universidade de Santiago de Compostela

2001 noménano arquitecto de Honorífico do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

2003 Premio das Artes e Letras da Xunta de Galicia

2007 é nomeado doutor honoris causa pola Universidade de A Coruña

2009 concédeselle a Medalla das Artes

SOBRE O DOCUMENTAL:

Dirixíndose ó espectador con claridade e síntese, apoiado por unha realización áxil e directa a tres cámaras, Isaac comenta as imaxes que van aparecendo nunha pantalla de televisión. As imaxes serán as propias preguntas, porque as veces sobran as palabras. 
Amig@s de Isaac, intelectuais e xente da rúa daranse cita facendo breves intervencións a modo de pequenas preguntas ou referencias a Díaz Pardo, á súa obra ou ó seu papel na sociedade galega, prescindindo dun ton laudatorio e introducindo consideracións ou afirmacións novas non exentas de humor e sentido analítico. Isto axudaranos a construír unha imaxe de Isaac e a súa forma de ser. 
O proceso de creación dunha determinada peza de Sargadelos que se verá nacer, medrar e culminarse ao longo do documental fará de fío condutor do mesmo, dando pé de entrada para falar de Sargadelos como centro acción cultural. 
Os cambios constantes de localizacións, significativas da historia e obra de Díaz Pardo, mesturadas con entrevistas en estudio, propio entorno dos invitados, rúas de Santiago e A Coruña, ausencia de voz en off, música integrada danlle a este documental unha aparencia áxil e actual, moderna e sinxela

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s