FOMOS O 4º PREMIO DE COMPARSAS OS POBOS DO MUNDO

Texto e fotos por Bea Cornide

Este ano volvemos a participar no desfile de Entroido coa comparsa OS POBOS DO MUNDO nos que se representaban aos Hawaianos, Chineses, Vikingos, Indios e Mexicanos. O bo tempo acompañounos e houbo unha gran afluencia de público. No desfile había moito nivel pero non debemos esquecer que o mais importante é participar e pasalo ben mantendo o espírito do Entroido vivo.

Deste centro participamos once persoas que o pasamos xenial de Vikingos alzando as nosas armas e escudos na loita… e esperamos que o resto dos anos se anime mais xente, xa que realmente é moi divertido.

A prensa fíxose eco do desfile e premendo nos nomes poderedes acceder á noticia do Correo Galego e da Voz de Galicia

Para ir abrindo boca deixo estas imaxes ás que se lle irán engadindo máis segundo as vaiamos conseguindo e estamos pendentes de editar un vídeo que nos pasou unha persoa que estaba no público no que se ve moi ben toda a comparsa, mentres tanto….

entroido 2011
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s