A HISTORIA DA CIDADE CHEGA AO ENSANCHE

Texto por Bea Cornide

 A principios de abril chega ao noso centro a exposición “A Memoria da Xente” que fai un repaso da historia da cidade do 1900 ao 1975. Pretende poñer en valor os cambios da cidade así como dos usos e costumes dos seus habitantes. Percorrendo a exposición é inevitable intentar recordar cómo eran as cousas antes, as cousas que cambiaron e as que non están.

Teño a impresión persoal de que cando falan do que non está, os veciños do ensanche sempre fan alusión o Edificio Castromil, e espero que despois de visitar a exposición, aparte do famoso e citado edificio, recorden tamén o Royalty, así como de que na Praza de Vigo naceu a mesmísima Rosalía de Castro, a Exposición Rexional do 1909 da que nos queda de recordo o edificio da Escola Infantil de Santa Susana, ou as corridas de toros que se facían na Residencia.

 É moi emocionante para min volver a tratar a memoria do barrio, xa que cando o centro abriu alá polo 2007 estivemos traballando neste mesmo tema pero centrándonos só no Ensanche. Foi unha oportunidade única para presentarnos ao barrio, coñecer aos que hoxe son usuarios habituais do centro e dos que a través da súas vivencias me achegaron unha realidade para min descoñecida, xa que o Ensanche é moito mais do que todo o mundo pensa… ten unha historia propia recente e non tanto, na que pouco a pouco iremos entrando neste mesmo blog.

 Tratar a historia recente do Ensanche gústame especialmente porque me fai recordar o meu primeiro ano de traballo no centro, no que, a partir da exposición a “A Memoria vai por Barrios: O Ensanche” organizáronse reunións de “Memoria Viva” onde os participantes apoiados por fotografías antigas ían recompoñendo peza a peza a historia recente da zona onde viven. Eles me explicaron as súas vivencias no ensanche cando se estaba a construír, os altercados estudantís, as manifestacións veciñais protestando pola “movida”. Reuniámonos tódolos martes ás seis da tarde na sala de xuntas e iamos vendo todos xuntos fotos antigas e cada un dicía o que recordaba ou lle contaran. Cando rematou a exposición e as actividades relacionadas con elas xa tiñamos tan bo ambiente nas reunións que decidimos que nos seguiríamos reunindo e, se non era para falar da historia do barrio, sería para calquera outra cousa. E así naceron as reunións informativas semanais que aínda se fan agora.

 Mentres escribo este post, véñenme a mente moitas das cousas que me contaron nesas reunións de “Memoria Viva” así coma os antigos nomes das rúas. Quen recorda o antigo nome da Rúa Xeneral Pardiñas? Moi pouca xente sabe que antes de urbanizarse era un calexón que lle chamaban Matacáns no que durante moito tempo, o único edificio que había era a Tintoreria España. Pouco a pouco as estradas de acceso á cidade convertíronse en rúas e os calexóns con pequenas casetas deixaron paso a rúas con enormes edificios, os artesáns que vivían fora dos muros da cidade comezaron a convivir coa burguesía que comezou a establecerse nesta zona. Como vos podedes imaxinar, converteuse nun barrio onde convivían as novas tendencias e os vellos costumes.

 Para que vos vaiades facendo unha idea do que estou a comentar, déixovos unhas fotos que seguro que disfrutaredes.

Recordade que podedes aportar o voso punto de vista e opinión deixando un comentario neste post, ou mesmamente valorándoo de 1 a 5 estrelas. Grazas por lernos!

A Historia do Ensanche

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s