As herbas de San Xoan

Texto por Bea Cornide

Na noite de San Xoán, a mais corta e máxica do ano xunto coa noite de todos os santos (samaín).  Ten en Galicia unhas características moi especiais. É a noite do Lume, das cacharelas, da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar que purifican e fecundan, do orballo e tamén do mundo vexetal.

Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro. Alí teñen que quedar ao orballo da noite e pola maña todos os membros da casa, sobre todo os nenos, lávanse con esta auga milagreira. Despois secábanas ao sol e as gardaban para aproveitar as súas propiedades o resto do ano.

É tradición nesta noite recoller as sete plantas aromáticas  que se deixan en auga recollida de sete fontes para lavarse na maña seguinte. Atribúenselle propiedades terapéuticas e limpadoras.

 

Algunhas herbas varían segundo a zona, as principais herbas de San Xoan son o hipérico ou herba de san xoan, o fiuncho, a herba luisa, o codeso, o fento macho, a malva e o romeu; todas cumpren as tres cualidades básicas: teñen un cheiro especial; como medicina todas teñen moitas aplicacións e por último son as mellores como repudio dos seres maléficos.

A combinación das sete, case todas elas nacidas entre o final da primavera e o inicio do verán constitúen un grimorio sagrado.

 

  • O hipérico ou herba de San Xoán alivia a depresión e protexe contra os malos espíritos. Ten propiedades cicatrizantes, aptisepticas e diuréticas.
  • O fiúncho protexe do mal de ollo e ten propiedades  diuréticas e dixestivas
  • A herba luísa  ou verbena ten propiedades dixestivas.
  • O codeso ou xesta ten propiedades purgantes, diuréticas e tónicas para o corazón.  Utilizase para varrer a casa para purificala e protexela dos malos espíritos.
  • O fento macho é velenoso é un antiparásito moi bo e actúa como paralizante muscular. Dise que bota flor a media noite do san Xoán.
  • A malva é antitusiva, é boa para a picadura das avellas e queimaduras.. Serve para todo: resfriados, bronquitis, afeccións dixestivas,  nervios, etc.
  • O romeu purifica e protexe. Ten propiedades tónicas e estimulantes, moi bon para a reuma, artrite, trastornos do sistema circulatorio, depresión, dores de gorxa, etc.

 

 

Sete son as herbas que deben ser recollidas durante a noite de San Xoán, un número cargado de maxia a misterio: sete son os días que, segundo a Biblia, tardou Deus en crear o mundo, sete son as cidades sagradas da india, os primeiros centros enerxéticos do noso corpo (chakras) e os principios que rexen o Universo segundo a doutrina hermética.

 

O xoves 23 de xuño ás 17h iremos a buscar as herbas de San Xoan pola zona do Carme de Abaixo, se queres vir tes que anotarte no centro sociocultural.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s