COMPOSTELA CINE CLASSICS ’12: UN NOVO PROGRAMA QUE ABORDA O CINE EN TODAS AS SÚAS VERTENTAS DENDE O PUNTO DE VISTA DA EDUCACIÓN E A DIVULGACIÓN

Por Diego Vazquez Meizoso 

O cine é unha ferramenta fundamental para coñecer o noso mundo e os feitos que conforman a sociedade na que vivimos. Que mellor que ver “Bienvenido, Mr. Marshall” de Berlanga para entender como eramos os españois na posguerra da Guerra Civil? A mellor película para entender por que ante calqueira adversidade seguimos crendo nos Reis Magos…

Todo o mundo, sexa cinéfilo ou non, articula a súa vida dun ou outro xeito arredor da música e as películas. Todos temos esa canción que cando a escoitamos nos fai vibrar e nos lembra o momento no que dimos o primeiro bico, ou aprobamos un exame importantísimo, ou firmamos a compra da nosa primeira casa… De igual forma as películas forman parte das nosas vivenzas e as historias que elas contan tomámolas coma propias, sendo o protagonista ese personaxe do que dicimos “ese podería ser eu…”

En Compostela Cine Classics ’12 pretendemos achegar os grandes clásicos do cine a un público amplo e pouco específico, buscamos a esas persoas que quizais se sintan cohibidas de participar nun debate de ambiente cinéfilo e “intelectual” pero que quizais charlando tranquilamente cun experto ou experta na materia e tomando o que chamamos un “café con cine” poidan (e poidamos) aprender deses filmes fundamentais que nos ensinan tanto sobre a vida e o noso mundo, ademáis de ser o que o cine esencialmente nos ofrece: unha experiencia estética para apreciar a beleza da expresión artística.

Pero Compostela Cine Classics ’12 non é só un ciclo de cine: é un programa integral de cine. Proxeccións e debates, pero tamén mesas redonddas, faladoiros, obradoiros, música e moito máis, todo dende o pundo de vista da programación sociocultural, tentando ofrecervos un programa no que desfrutemos aprendendo.

Falamos sobre cine e literatura coa catedrática da USC Patricia Fra López, sobre os segredos e recantos dunha rodaxe con cinco profesionais de primeira liña no audiovisual galego e español, e descubrimos qué hai de verdade e mentira no xénero da ciencia ficción.

A formación é un dos piares fundamentais do noso programa, por iso os “classicobradoiros” teñen unha presenza importante. Ángel De la Cruz, guionista-director gañador de 3 premios Goya, o último deles polo precioso conto sobre o Alzheimer que é “Arrugas” (Ignacio Ferreras), imparte un obradoiro de guión cinematográfico do que agardamos que saian novos escritores que nos axuden a seguir soñando. E tamén tentamos formar a directores e directoras do futuro, traballando con nenos de 7 a 10 anos no noso “Classicobradoiro de Pequenos Cineastas”, a través do cal descubrimos a mirada brillante dos rapaces cando se ven parte de escenas míticas da historia do cine, grazas á técnica do Chroma Key.

Son tempos duros para todos, por iso a única forma de saír adiante e conseguir cousas é traballando xuntos e unindo esforzos. Compostela Cine Classics ’12 non tería sentido sen a participación do público, pero non podería ter visto a luz sen un grupo de profesionais de primeirísima fila que creron en nós dende o comezo e colaboran para que isto funcione: dende o xa citado Ángel de la Cruz ata o atentísimo plantel de profesionais do Consorcio Audiovisual de Galicia, José Luis Losa (director de Cineuropa) e o catedrático de cine da USC prof. Hueso Montón, Alejandra Juno, Moncho Lemos e tantos outros…

E cómo remataremos? Unindo música e cine nun matrimonio que funciona á perfección dende os albores do xénero. O sábado 9 de xuño ás 20.00 na Igrexa da Universidade un grupo vocal de 15 xóvenes, formado especialmente para a ocasión, deleitaranos con versións únicas de grandes músicas do cine, redescubrindo clásicos e desfrutanto de outras pezas que serán clásicos algún día. Un concerto que será ademáis didáctico, con sorpresas e colaboracións e, sobre todo, cun talento enorme que demostra que a xuventude está lista para continuar o camiño e que o cine é tamén unha das cousas que nos une.

Todo isto é Compostela Cine Classics ’12.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s