O ARTE DE COMUNICAR A CULTURA, unha exposición especial

Texto por Tate e Bea Cornide

Do 9 ao 27 de xullo O Ensanche acolle a exposición “The Chemical Orange AKA Luis González: O Arte de comunicar a cultura”. Que recolle a obra de deseño grafico, grafiti dixital, e videocreacións do membro ata o ano pasado do equipo de animación deste centro.

Desde o posto de animador sociocultural Luis Cesar Romero atendeu o servizo de “Arte e cultura” do ano 2003 ata o xuño do ano 2006 no centro sociocultural municipal A Trisca e dende esta data ata xuño de 2011 no centro sociocultural e xuvenil municipal O Ensanche, poñendo ao servizo do natural e imprescindible  acto de comunicar os eventos e produtos socioculturais destes dous centros e mesmo de moitas iniciativas socioculturais da rede sociocultural de Compostela, toda a súa faceta creativa, artística, vencellada ao deseño gráfico, á fotografía e ao tratamento de textos,  que deron como resultado unha significativa produción de cartaces, folletos informativos, flyers, tarxetas e fotografías, baixo a particular mirada de quen contempla cada ocasión,cada traballo como feito único e irrepetible.

Destaca a proposta singular de tratamento dos “menus mensuais” de actividades, onde a selección   da fotografía de cada mes, pretendía resaltar un aspecto da programación, sempre dun modo sutil e case lúdico, convidando ao espectador a buscar o significado da fotografía escollida, atraéndoo así  á lectura dos  contidos da soporte informativo.

Igualmente singulares as propostas de comunicación das semanas culturais, os programas de man do “Obradoiro do espectador” cunha aposta por poñer o rostro  de persoas cercanas aos centros, usuarios protagonistas, socios culturais ao fin, deixando estes  “primeirísimos primeiros planos” de rostros de persoas comúns na idea de darlles un lugar de protagonismo, como finalidade sociocultural e escolma   da idea de participación. O propio Luís Cesar, na súa faceta como fotografo, facía do feito de fotografar un momento de comunicación co usuario, a quen moitas veces lle devolvía unha imaxe nova de si mesmo.

O predominio de imaxes fragmentadas e coloristas aplicadas aos traballos de comunicación, ademais dun estudado texto, documentado e sempre atractivo con xogos de palabras á  procura da sedución da mirada e da lectura, fan do traballo de cartelismo de Luís Cesar Romero González, un suxestivo viaxe pola produción sociocultural baixo o prisma dun artista, singularidade do seu perfil profesional, animador sociocultural e artista polifacetico.

Graf Dig

Graf Dig representou un traballo expositivo propio arredor das sinais e signos do Graffiti do que o autor tiña moito coñecemento, ademais dun grande interese por poñer en valor esta faceta da arte urbana coa que conectaba profundamente na súa condición de mozo, artísta e educador.

Significativas son as suas colaboracións na intervención artística, ainda persistente, da porta de entrada da Sala Nasa en Compostela, asi como outras intervencións feitas en entornos socioculturais, como o portalón do Centro sociocultural das Fontiñas e mesmo no muro en frente do Csc A Trisca, que xunto con Mauro Trasoy tratou para ilustrar unha das semanas culturais deste centro.

Graf Dig supuxo a presentación na Rede de Centros do seu traballo como artista.

Intervencións sonoras e visuais

Chemical Orange, outras das facetas creativas de Luis Cesar, mais alonxada do contexto sociocultural no que a maioria o coñeciamos, é o nome polo que é coñecido este artista visual.

Esta era a faceta mais artistica de Luis Gonzalez, sendo as suas creacións recoñecidas por festivais especializados coma Roteiro de creación artística de Compostela e Curtocircuito.

O seu estilo caracterizase polo uso de tácticas de síntese visual: Break e Noise.

Visualbreak é un descanso visual, trátase de engadir un pouco de emoción visual ao que doutro modo sería unha paisaxe. Baséase na teoría dos subtítulos, que incentivan inconscientemente a miralos. Da a impresión de ser elementos que atraen a mirada e impiden que as persoas se fixen no demais.

Luis Gonzalez explicábao da seguinte maneira: “Construcción de sesiones visuales a partir de rotura y síntesis de imagen en tiempo real. Para ello parte de animaciones geométricas y clips previamente diseñados por él mismo. El material genérico de síntesis también puede incluir fotografías, texturas, fractales, clips conceptuales y otros abstractos obtenidos de remezclas, siempre originales.”

Visualnoise ultiliza as mismas técnicas mencionadas anteriormente e engade o uso de dispositivos de audio, cables e micrófonos.

Fotografía e edición de video

Participou tamén en cursos de formación sobre guión cinematográfico, impartindo clases de tratamento e postura ante a cámara.

No campo da edición de vídeo atopamos todos os seus visualbreaks e a curta que fixo no ámbito do seu traballo coma animador no centro sociocultural: Carapuchiña vermella, como empezou todo

Destacan, no campo da videocreación os seguintes traballos:

INSIDE02:44 min  when you put the cam there

Vídeo seleccionado para Roteiro de creación 2008.

Exhibición del 9 al 14 de junio.
Lugar: Fundación Caixa Galicia
Rúa do Vilar, 17
Santiago de Compostela

MEGALOVES COME IN DF 02:44min

Megaloves concert in DF Art Galery.
Santiago de Compostela (Spain)
Videopromo realized by The Chemical Orange

O Festival internacional de curtas Curtocircuito 08, selecciona Megaloves: come in DF, a exhibir na sección de videos musicais galegos. A peza foi realizada en febrerio de2007 a propósito da actuación na DF del dúo anarcocountry: Megaloves.

Exhibición dos 16 vídeos seleccionados:
xoves 23 de octubre, 19.30 h.
Centro Galego de Arte Contemporanea.

 

RADIOSHOW (or noise by radio) 02:09 min

Joaquin Lama make noise with a old radio in DF Art Galery. Santiago de Compostela (Spain).
Videopromo realized by The Chemical Orange

Do 2 ao 4 de outubro de 2008, o Centro Galego de Arte Contemporáneo acolle a actuación de varios performers ruidistas.

Entre los artistas participantes, Luís quere destacar a Joaquín Lana, aka Francisco Álvarez, que, xunto a Dina Sánchez, tiveron a habilidade e o tesón de introducir Ruido na escea cultural de Compostela.

Para ver o traballo deste polifacetico artista podedes consultar o seu blog personal, e a súa canle de youtube e vimeo

Blog de The Chemical Orange

http://thechemicalorange.wordpress.com/

Traballo visual de Chemical Orange

https://www.youtube.com/user/fairobua

http://vimeo.com/user1940952

http://vimeo.com/user2158612

Luis González explicando como fai as súas videocreacións:

http://www.youtube.com/watch?v=sQxDuZ7EP9s

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s