Rematou o verán e xa de volta!!!

Xa estamos de volta das vacacións e comezamos os novos cursos, dos que vos podedes informar na nosa web: www.santiagosociocultural.org

Podes clicar nos seguintes enlaces para ter:

 

 

Cursos para este ano: Ioga, Ximnasia Terapéutica, Traballando a Memoria, Club de teatro, Club de lectura, Club de xadrez e cursos de informática trimestrais (iniciación á informática, manexo básico do ordenador, xogando coas novas tecnoloxías)

ABRIRASE O PROCEDEMENTO DE PREINSCRICIÓN NESTAS ACTIVIDADES SEGUNDO O SEGUINTE CALENDARIO: Do 10 ao 21de setembro de 2012: Prazo de preinscrición. Presentación de solicitudes (de luns a venres en horario de maña) Martes 25 de setembro de 2012: Publicación das listas provisionais. Publicación da necesidade ou non de celebrar sorteo público de prazas. Xoves 27 de setembro de 2012: Sorteo público de prazas se procedese e a publicación de listas definitivas de admitidos

 

 

Como novidades, abrimos a actividade de ximnasia terapéutica ao publico adulto con baixa forma física que precise dunha ximnasia suave para a mellora da súa mobilidade.

Cambia o horario e día de Traballando a Memoria, agora é os mércores pola maña. O club de lectura volve a ser de caracter semanal e ampliamos un grupo que se reunirá mensualmente.

O club de xadrez realizarase os luns pola tarde, primeiro un grupo de adultos (sénior+adultos) e despois os nenos. Os xoves pola tarde será o grupo  de iniciación (todos os públicos) e, simultaneamente, un encontro semanal de xadrez onde todos os matriculados no club terán unha cita para practicar cos compañeiros desta disciplina.

 

Recordade a normativa básica de participación dos cursos nas que o participante é responsable da súa participación e indica que debe ser puntual e asistir á clase, no caso de non ser así poderíaselle dar de baixa no curso. As faltas de asistencia deben ser avisadas e xustificadas. Pode consultar no documento o numero de faltas máximas e condicións da perda da praza. A normativa o que persigue e que o participante se responsabilice da súa participación e avise ao centro cando non poida asistir para facer unha boa xestión dos cursos.

 

Toda esta información e mais na web dos centros socioculturais. Podedes tamén seguirnos en Facebook: http://www.facebook.com/oensanche

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s