Un pasiño mais…. CLUB DE LECTURA VIRTUAL

texto por Bea Cornide

Cada vez hai mais xente interesada en participar na marabillosa experiencia de pertencer a un club de lectura. A evolución do noso club do ensanche fai mais que evidente esta realidade, pasamos de ter un club de lectura semanal a sumarlle un mensual e os dous con lista de espera!!!

Ademais do club de lectura do Ensanche, tamen o hai en Fontiñas, Vite, Conxo e Castiñeiriño, o que fai que na Rede de Centros haxa unha moi boa representación de lectores implicados nos funcionamentos dos clubs.

Este ano imos un pouco mais alá coa creación dun club virtual.

FUNCIONAMENTO DO CLUB VIRTUAL

  • Está pensado para as persoas de calquera idade e condición que teñan inquedanza lectora e coñecementos mínimos a nivel tecnoloxico.
  • As persoas que formen parte do club, facilitaráselles material de soporte que lles axudará a entender e contextualizar a obra, ademáis de poder expor preguntas, expresar opinións e compartir comentarios na experiencia da lectura colectiva por medio dun blog.
  • Os participantes do club contarán tamén cunha coordinación que procurará responder as dúbidas expostas, fará de moderadora e, cada semana, segundo se vaia avanzando na lectura, irá ampliando a información sobre as lecturas na web: biografía e textos sobre os autores, sobre o xénero e o contexto social e político da época en que foi editada a obra, enlaces de interese sobre a mesma, críticas e textos relacionados…

CONDICIÓNS

  • Non se facilitarán os libros
  • O grupo terá algunha reunión presencial
  • En principio funcionará durante os meses de novembro e decembro. Se se consegue un numero suficiente de seguidores haberá continuidade.
  • No blog haberá unha parte informativa do club (inscrición, contacto, lugar e hora das reunións …) e outra do libro (información biográfica, información sobre o libro, enlaces para ampliar a información, videos, fotografías, e zona de foro/comentarios)

Para anotarse manda un correo electrónico a: bibliotecacsc@santiagodecompostelta.org

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s