Disfruta do Samaín en O Ensanche cos contos de Celso F. Sanmartín

Texto por Bea Cornide

Achegámonos a unha das épocas mais máxicas do ano xunto co San Xoan, a noite de defuntos….

Hai xa moitos anos que se cria que nesta noite abríase unha porta espiritual que uniría por unhas horas o mundo dos vivos co dos mortos. Daquela isto non daba medo, a xente esperaba con ilusión ver os seus seres queridos que xa non estaban con eles.

Todas estas tradicións foron, coa chegada do catolicismo, derivando á festa do culto aos defuntos que celebramos ahora mismo (Todos os Santos) e no Halloween, que non deixa de ser unha version comercial do Samaín propia da cultura celta que exportaron os Irlandeses cando emigraron a América do Norte.

No ensanche fixemos un post especial neste mesmo blog no que fala das orixes do Samain en Galicia:

https://oensanche.wordpress.com/2010/10/28/que-e-iso-do-samain/

Ao final do dia seguinte ao samaín, no centro do Ensanche teremos unha sesión de contos tradicionais desta época a cargo de CELSO F. SANMARTIN (o da foto) que nos levará a un mundo onde a fantasía se mestura coa realidade, un mundo de… realidade fantástica!

Esperámosvos o venres 2 de novembro ás 19.00h

UN CONTIÑO POR SAMAÍN..

Pasou onde chaman Castelo, lugar de mouros noutrora, en Ripás, parroquia de Abelenda, concello de Avión (Ourense).
Un día pasou por alí unha muller que andaba aleitando e unha moura que levaba unha criatura no colo pediulle de favor que lle dese de mamar ao seu neno, que lle secara o leite.
Despois de insistir un pouco, a muller aceptou e deulle de mamar ao fillo da moura, e esta, en agradecemento ofreceulle uns tizóns queimados.
Aceptounos e meteunos no bolso, non os ía desprezar, pero en canto perdeu de vista a moura, botounos ao chan.
Cando chegou á casa e mirou o bolso descubriu que un anaco daqueles tizóns que lle quedara dentro convertírase nunha moeda de ouro. Correu, claro, a onde tirara os outros cachos pero xa non viu nada, nin carbóns nin moedas.

FONTE
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao, Contos, historias e lendas da Serra do Suído (Avión-Ourense), AGCE, S. L., Vigo, 2008.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s