ACTIVIDADES DE ENTROIDO 2013

Xa estamos ás portas do entroido, e dende o centro sociocultural queremos animarvos a desfrutar estas festas por todo o alto. As actividades propostas para este ano son as seguintes:

O MECO DO ENTROIDO Dende o martes 5 de febreiro

O Meco é a representación do Entroido, é unha figura humana a xeito de espantallo e pendurada nun sitio visible para todos, serve de anuncio do Entroido e preside a troula.
A súa desaparición tras o martes de Entroido marca a volta a realidade cotiá, anuncia o fin do inverno e prepara o paso a unha nova estación.
Antes, cada barrio tiña o seu propio meco, os que os veciños dirixían as súas mofas e escarnios. Aquí no concello de Santiago o Meco pendúrase da fachada do Pazo de Bendaña no Toural Nos terémolo noso na entrada do centro.

O Meco do Entroido manda aos veciños disfrazarse e chama a troula a través de mensaxes.

Cada día aparecerá o Meco cun cartel que dirá o que teñen que levar todos o día seguinte en honra ao Entroido, así todos os días ata o ultimo que xa estaremos todos disfrazados

O meco colocarase o martes 5 de febreiro na entrada do centro. Farémolo o venres dia 1 de febreiro pola tarde cos usuarios do centro que desexen axudar a facelo.

TODOS CARACTERIZADOS POR ENTROIDO Venres 8 de febreiro 18h

O venres 8 de febreiro faremos un obradoiro de maquillaxe de entroido onde caracterizaremos a todos aqueles rapaces ou adultos que o desexen. Duración: 18-19h (1h)

IMOS DE COMPARSA! Martes 12 febreiro 16.00h

A temática deste ano é os superhéroes. Os interesados en participar anotaranse en portería e alí facilitaranlle a ficha para realizar o disfraz ca relación de material e instrucións para a elaboración. O xoves 7 de febreiro ás 18.30h os participantes poderán facer unha revisión dos seus disfraces e consultar as dúbidas relativas a confección do mesmo.
O martes 12 de febreiro reunirémonos ás 16.00h na estación de tren para xuntarnos co resto dos participantes da comparsa

* menores acompañados A partir de 14 anos teñen que entregar autorización pero poden ir sos

A COMITIVA DO MECO. DESPEDINDONOS DO ENTROIDO Mércores 13 febreiro 19.30h

É tradicional, no mércores de cinsa, celebrar o final do Entroido coa queima do meco, tamén chamado enterro da sardiña.
Trátase de representar un velorio onde se despide o Entroido que está a rematar. En Santiago adoitase a baixar o meco que está pendurado no Pazo de Bendaña na Praza do Toural (a 10 minutos do centro). Nese dia, a partir das 20h, sae unha comitiva dende o toural ata a praza Roxa (moi próxima ao centro) onde se queima o meco e se despide ao Entroido.
O centro converterase no punto de encontro para ir todos xuntos a acompañar a comitiva que despedirá o Entroido.

  • 19.30h saída do CSC O Ensanche
  • 20.00h saída da comitiva da Praza do toural. Percorrido: Rua Nova, Rua do Vilar, Rúa da Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador e Praza Roxa
  • 21.00h Queima do Meco e Animación na Praza Roxa

* menores acompañados A partir de 14 anos teñen que entregar autorización pero poden ir sos

CALENDARIO RESUMO:

  • Venres 1 febreiro ás 19.00h: Elaboración do Meco
  • Do 5 ao 13 febreiro: O Meco do entroido invita a disfrazarse
  • Xoves 7 febreiro ás 18.30h: Reunión revisión disfraces da comparsa
  • Venres 8 febreiro ás 18h: Obradoiro de maquillaxe
  • Martes 12 febreiro ás 16h: Imos de Comparsa!!! (estación do tren)
  • Mércores 13 febreiro ás 19.30h: A comitiva do Meco (enterro da sardiña)

IMPORTANTEOs nenos deben ir acompañados dun adulto responsable. A partir de 14 anos poden ir sos pero teñen que entregar autorización asinada polos pais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s