Compostela Cineclassics precisa da túa axuda

Texto por Diego Vazquez Meizoso 

oscinesdecompostela

Este ano dentro do programa Compostela Cine Classics, estase a  organizar unha exposición sobre OS CINES DE COMPOSTELA, que terá lugar no espazo expositivo do CSC das Fontiñas no mes de xuño.
Esta mostra pretende ser un repaso por todos os cines e salas de proxección, que chegaron a ser decenas, da cidade, dende as primeiras décadas do S.XX ata finalizar co último “desaparecido”: Cinesa Área Central.
Queremos centrarnos na historia da cidade a través das salas de cine centrándonos nestes espazos como lugares sociais, de encontro e de dinamización social e incluso política (poucos saben que o Salón Teatro comezou a funcionar como cine en resposta ás programacións de películas “pecaminosas y pouco púdicas” do Cine Yago, por exemplo). En resumo, un repaso a certas décadas dos habitantes de Santiago dende o cine e cos cines como fío condutor.
Para a exposición queremos filmar un vídeo duns 12-15 min. no que aparezan tanto xente representativa da cultura, políticos, pero SOBRE TODO, veciños e veciñas de Santiago, que lembren con nós cal foi a súa primeira película no Principal, que se comía no cine, ou que actores lles gustaban máis…

En definitiva, que compartan con todos nos un anaco das súas vidas en relación ao cine.
Para isto pedimos a  túa colaboración, que compartas as túas vivenzas en relación co cine, que nos contes algún episodio da túa vida que sucedese nun cine: unha primeira cita, unha película importante para ti, unha tarde cos amigos-paseo-flocos e cine.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s