Aprender a xestionar os aforros

Texto por Oscar Freire Bargo 

CURSO DE FINANZAS PERSONAIS

Aprende a xestionar os teus cartos

Quizais a única cousa boa da crise que estamos a atravesar sexa que nos conciencia un pouco máis sobre temas relacionados coa economía, as finanzas ou o  emprego. Moito se está a falar dos problemas financeiros que atravesa o País, pero sen dúbida algunha os maiores prexudicados por mor dos problemas económicos sexan as familias.

É por iso que é imprescindible hoxe en día interesarse por todo o que afecta ás finanzas dunha familia, para que nun futuro cando volva a estoupar outra recesión –que estoupará, que ninguén se engane- nos colla o menos exposto posible. Familiarizarse e formarse en conceptos básicos en finanzas, economía, ou contabilidade, para ver a súa aplicación práctica ás finanzas domésticas, é, sen lugar a dúbidas, a mellor das inversións que se pode facer agora mesmo.

Na liña de todo isto, o que o CURSO DE FINANZAS PERSONAIS pretende é lograr un acercamento das persoas sen coñecementos previos a ese tema tabú que son as finanzas, empezando por revisar conceptos base que manexamos tódolos días, para logo escarvar nos temas que máis nos interesen.

Con exemplos prácticos e clases dinámicas e interactivas, iremos abordando os diferentes temas, que se poden sintetizar nos seguintes 6 grandes puntos:

1.Por que é necesario saber xestionar os nosos cartos?

2.Tipo de interese

3.As miñas necesidades de investimento

4.Mercados financeiros

5.Produtos financeiros

6.Operando en Internet

Así que non o penses dúas veces, nas túas mans está cambiar o rumbo das túas finanzas persoais ou protexerte dos futuros ciclos económicos que nos azoutarán. ¡Inscríbete xa!

Descarga o formulario de inscrición e entregao no centro sociocultural premendo aqui 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s