O departamento de Normalización lingüística súmase áo concurso de lemas GÚSTAME O GALEGO que se organiza a través as redes sociais maioritarias (Facebook e Twitter) e ten un funcionamento moi sinxelo:
1. Máximo 90 caracteres
2. Ten que comezar por GÚSTAME…
3. Vota polo teu favorito nas redes sociais (gústame ou RT)
FACEBOOK: https://www.facebook.com/gustameogalego
ata o 5 de maio, manda por mensaxe privado o teu lema. Este publicarase no album LEMAS DE COMPOSTELA.
Do 6 ao 12 de maio ás 12 da noite: Votación dos lemas.
TWITTER: co hastag #gustameogalego
ata o 12 de maio ás 12 da noite: pon o teu lema seguido do hastag. O mais retuiteado (rechouchíos) será o gañador
PREMIO DO CONCURSO ONLINE:
Un e-reader (lector de libros electrónicos ou e-books) que se entregará o 17 de maio, día das letras galegas na Praza do Toural de Compostela.
Ademais deste concurso de lemas Online, o 17 de maio na Praza do Toural celebrarase o dia da nosa lingua escrita coas seguintes actividades:
de 11-14h e de 17-20h: Fotocol de apoio ao uso da lingua galega (No Auditorio de Galicia en caso de choiva)
12-14h: Obradoiro creativo Renova a túa camisola con Vidal Bolaño, para nenos/as a partir de 3 anos. Lembrade traer a camisola (na Fundación Granel en caso de choiva)
19.00h: Concerto familiar Pablo Díaz: Concerto Tic-Tac (No auditorio de Galicia en caso de choiva)
Mais información en http://www.santiagodecompostela.org
[…] Venres 17 de maio: ás 19 na Praza do Toural (Santiago de Compostela). Se chovera, no Auditorio de Galicia. (+info.) […]
GústameGústame