III mostra do Club de Teatro de O Ensanche

O Club de Teatro rematou este curso cunha nova mostra das postas en escena nas que traballaron os alumnos do Obradoiro de Arte Teatral.
De Outubro do 2012 a Xuño do 2013, os integrantes do Club participaron nas sesións semanais de adestramento, baixo a dirección de Antón Ferrari. Prepararon as súas montaxes nos espazos e horarios de ensaio cedidos polo Centro fóra do horario do club.

A función de mostra deste ano contén tres adaptacións feitas polos propios participantes do Club:

    O oso de Anton Chejov
    El poeta y el eco de Le Luthiers
    La dama de la loción Larkspur de Tennessee Williams

O OSO de Anton Chejov

Sinopse
Elena, unha viúva que acaba de perder ao seu home, recibe a visita de Gregorio, un militar retirado a quen o finado debía moitos cartos.

Reparto
Elena, viúva: Sara Castro
Gregorio: Belén Taboada
Luciana, criada: Blanca Torres

Grazas a Manuel por exercer de finado
Adaptación do texto Colectivo

EL POETA Y EL ECO de Le Luthiers

Sinopse
A Sociedade de Compositores de Viena contrata un detective para que atope a Helmut Bösengeist, un pianista que lles debe quince cuotas. O detective segue a pista de Helmut e chega ata unha cabana nos Alpes suízos.

Reparto
Detective: Bea Costela
Helmut Bösengeist: Nati Vázquez

Adaptación do texto Colectivo

LA DAMA DE LA LOCIÓN LARKSPUR de Tennessee Williams

Sinopse
A Señora Moore, unha muller afogada polo alcohol e as débedas, vive nunha pensión de mala morte do barrio francés de Nova Orleáns. A súa caseira, a Señora Wire, esixe á Señora Moore que pague a súa renda.

Reparto
Sra. Moore: María Meijome
Sra. Wire: Esther González
Anton Chejov: Blanca Torres

Adaptación do texto: Esther González

O Club estivo dirixido por Antón Ferrari quen, a través das clases e a coordinación fóra das mesmas foi titorizando o traballo dos participantes que se representaron nesta mostra.

Vestiario e ferramentas Colectivo
Dirección Antón Ferrari

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s