Quentando motores para comezar o curso. Cursos e novidades no centro sociocultural

Benqueridos lectores

Estamos ante un novo curso, e chega o momento de mirar as rutinas que queremos seguir neste inverno.
O Ensanche, oferta cursos para todos os públicos nos que anotarse de movemento (ximnasia e ioga), de linguas (chinés e árabe), culturais (club de lectura e teatro), informática e outros coma xadrez e memoria para maiores.
A inscrición para estes cursos remata este sábado 14 de setembro

Consulta premendo para ampliar a información:

*as fichas de inscrición cubrelas na casa e achégaas en horario de apertura do centro

As actividades das que poderedes disfrutar este mes no centro sociocultural son as seguintes;
Exposición de debuxo colectiva “Longa vida de pedra” dos alumnos de Mareiras Spaciodearte ata o 26 de setembro

Ciclo de cine euroábe AMAL
Xoves 12 setembro ás 19.30h :”Le thé ou l´életricité” documental 93 min
Xoves 19 setembro ás 19.30h:”Ensemble” 17 min + “Eid” 9 min
Xoves 26 setembro ás 19.30h: “Bromas aparte” 54 min
*Entrada libre ata completar aforo
Podes completar a información sobre as películas consultando o blog do centro

Compostela Cine Classics
Mércores 25 setembro ás 20.00h FALADOIRO Música de cine: Segredos e recantos da composición de bandas sonoras con Xavi Font e Nani García.
*Entrada libre ata completar aforo

Dentro do programa Compostela Cine Classics realizaranse neste centro dous obradoiros para os que xa está aberto o prazo de inscrición:
1 Obradoiro para adultos de guión cinematográfico, impartido por Alfonso Zarauza (17€) 24 e 30 outubro, 6 e 13 novembro 19.30 a 22.00h
2 Obradoiro de análise de películas Cómo ver cine clásico e non morrer no intento (de balde) mércores 16 outubro 18.00 a 21.00h

Actividades estables para familias no CSC O ENSANCHE
Este ano propoñemos unha nova actividade onde os nenos e os pais poderán participar e divertirse por igual, trátase de VENRES EN FAMILIA que é unha cita semanal onde, a través dun monitor, realizaranse actividades lúdicas para nenos nas que participarán cos seus pais. Será tamén un espazo onde os pais e os nenos terán voz e voto para propoñer actividades a realizar e nas que tamén serán protagonistas a hora de levalas a cabo. Esta cita será todos os venres ás 18.00h

Xa está aberta a inscrición para a excursión Galicia Atlántica (22 setembro, 33€) e para Asturias mariñeira (28 e 29 setembro, 88€)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s