O club de lectura semanal está a ler…. ALMAS GRISES (2ª lectura)

ALMAS GRISES. INFORMACIÓN DA OBRA

Autor

Philippe Claudel (Dombasle-sur-Meurthe, 1962) é un escritor e realizador francés. É docente de Literatura Moderna na Universidade de Nancy, no seo da cal dá aulas no Instituto Europeo do Cinema e das Ciencias Audiovisuais. Tamén é profesor en institucións penitenciarias e de adolescentes diminuídos físicos.

As súas principais novelas son traducidas no mundo enteiro. O seu film Il y a longtemps que je t´aime (Quérote desde hai moito tempo, 2008), con Kristin Scott Thomas e Elsa Zylberstein, obtivo un grande éxito en Francia e no resto do mundo.

É membro da Academia Goncourt (sociedade literaria francesa que outorga anualmente o premio do mesmo nome) en substitución de Jorge Semprún.

A súa obra literaria traducida ao galego ou castelán é a seguinte:

 Almas grises (2005), Ed. Salamandra.
 A neta do señor Linh (2011), Ed. Rinoceronte / La nieta del señor Linh (2006), Ed. Salamandra.
 El informe de Brodeck (2008), Ed. Salamandra.
 Aromas (2013), Ed. Salamandra.

A obra. Almas grises (2003)

Gañadora do prestixioso premio Renaudot e elixida Libro do Ano polos libreiros franceses e a revista Lire, esta novela posúe unha beleza sombría e sedutora que emana tanto do clima misterioso que envolve a historia como do profundo e descarnado retrato dos personaxes que a compoñen.

Decembro de 1917. Nunha pequena vila do norte de Francia, o corpo sen vida dunha fermosa nena aparece flutuando na canle. Á escena do crime acoden un policía, un xuíz instrutor e un militar, acompañados polo incesante tronar dos canóns e o acre cheiro a pólvora dunha fronte que se desgarra a escasos quilómetros. Neste mundo provinciano, o asasinato de Belle suscita innumerables sospeitas, esperta vellos rancores e sacode unha orde social que se cambalea. Todos os indicios apuntan ao fiscal Destinat, un rico aristócrata xa xubilado, mais o xuíz designará como culpables a dous desertores apresados nos arredores do lugar do crime. Non obstante, a crónica dos feitos, escrita polo policía vinte anos despois do suceso, invita ao lector a descubrir unha realidade inesperada. No seu implacable relato, onde a emoción aparece retida polo pudor do narrador, ninguén é inocente, e os culpables, dunha forma ou outra, son tamén vítimas. O gris é o ton dominante, mais non o gris da morte, nin o do duro clima invernal, nin sequera o da cobardía, senón o gris en que se desenvolve a condición humana: a ausencia de certezas absolutas, as sombras, os claroscuros; en suma, o peso rotundo da dúbida.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s