LECTURA DE OUTUBRO: MIL SOLES ESPLÉNDIDOS, DE KHALED HOSSEINI

Texto por Patricia Nuñez, conductora do Club de Lectura Mensual

mil soles esplendidosSuperando con creces o rotundo éxito de Cometas en el cielo, a segunda novela de Khaled Hosseini saltou de inmediato ao primeiro posto en tódolos países onde se publicou. Nova demostración do asombroso instinto de gran narrador do que goza o autor, o libro conta a historia de amizade entre dúas mulleres afganas de orixes moi dispares, cuxos destinos se entrelazan por obra do azar e das convulsions que sufríu Afganistán nos últimos trinta anos.
Filla ilexítima dun rico home de negocios, Mariam vive coa súa nai nunha modesta vivenda ás aforas de Herat. Aos quince anos, a súa vida cambia drásticamente cando seu pai a envía a Kabul a casarse con Rashid, un zapateiro de mal carácter trinta anos maior que ela. Casi dúas décadas máis tarde, Rashid atopa nas rúas de Kabul a Laila, unha moza de quince anos sen fogar que pasa a compartir a vida con eles, iniciándose una relación entre as dúas mulleres que non deixará indiferente aos lectores.
Agardamos que desfrutedes da lectura.

Sobre o autor:
Khaled Hosseini escritor en lingua inglesa e médico afgano-estadounidense.
Fillo dun diplomático do Ministerio de Asuntos Exteriores de Afganistán e dunha mestra de persa e Historia nun gran instituto en Kabul.
Aos cinco anos a familia mudouse a Teherán, onde foi destinado o pai. Alí permaneceron ata 1976, cando este é enviado a París. Khaled xa non podería regresar a Afganistán: en 1978 produciuse nese país a revolución comunista e en decembro do 79 a intervención soviética.
Os Hosseini, que recibiron asilo político en Estados Unidos, onde Khaled remata os seus estudos secundarios e ingresa na Universidade de Santa Clara, onde se gradua en Bioloxía cuatro anos despois, para seguir ao siguinte na Facultade de Mediciña na de California de San Diego, onde se licenciou en 1993.
Namentres facía as prácticas, empezou a escribir a súa primera novela, Cometas en el cielo, que se publicou en 2003 e que, dende entón, se converteu eun superventas saínda xa á venta en 48 países. Ao ano e medio do éxito deste primeiro libro, Hosseini deixou a medicina para consagrarse á literatura. Cometas en el cielo foi levada ao cine co mesmo nome en 2007 polo director Marc Forster e en 2011 adaptouse como novela gráfica.
A súa segunda novela, Mil soles espléndidos (2007) repitiu o éxito da anterior.
A terceira, Y las montañas hablaron, publicada recentemente, é un novo triunfo para o autor que aos poucos días da súasu aparición nas librarías de Estados Unidos, xa estaba no segundo lugar de ventas.3
En 2006 foi nomeado embaixador de boa voluntad do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Refuxiados (ACNUR), organización coa que fixo unha viaxe a Afganistán no 2007. Durante este breve regreso á súa patria decidíu crear a fundación que leva seu nome co fin de brindar axuda humanitaria aos refuxiados afganos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s