Club de Lectura Semanal da semana do 24 ao 31 de outubro. LA PRESA

Texto por Gabriel Estevez, conductor do CL semanal 

LA PRESA: INFORMACIÓN DA OBRA 

la presa

Sobre o Autor

Kenzaburō Ōe (大江 健三郎) é un escritor xaponés. Naceu o 31 de xaneiro de 1935 na localidade de Ouse. En 1954 trasládase a Tokio para iniciar a carreira de Filosofía e Letras, que acabará coa especialidade en literatura europea.

A súa vocación literaria parte da necesidade de aliviar o desarraigamento cultural e recuperar o que chamou “a mitoloxía do meu pobo”. As súas obras, influenciadas fortemente pola literatura francesa, norteamericana e a teoría literaria, ligan coas ideas políticas, sociais e filosóficas incluíndo as armas nucleares, o non conformismo social e o existencialismo. O seu estilo é directo, de frases curtas e contundentes, que se nutren de poderosas imaxes poéticas e abundantes reflexións metafísicas.

En 1963 nace o seu fillo Hikari (luz), discapacitado por unha hidrocefalia e condenado ao autismo. Este acontecemento vaise a converter no eixo principal da súa vida e da súa obra.

Foi o segundo xaponés gañador do premio Nobel de Literatura, en 1994.  Segundo a academia Sueca coa forza poética da súa obra creou un mundo imaxinario, onde a vida e a mente se condensan para formar un cadro desconcertante dos problemas do home nos nosos días

 

A obra. A presa (1957)

A presa (Shiiku, 飼育) é unha novela curta, galardoada co prestixioso Premio Akutagawa. Foi traducida ao castelán e publicada en España en 2003 por Editorial Quinteto.

Conta os acontecementos que se suceden nunha pequena alda do Xapón durante a guerra, cando un avión aliado, pilotado por un negro, estrélase nas proximidades. O negro causa medo e furor entre os aldeáns, especialmente no personaxe infantil, que se converte nunha especie de sacerdote do novo “deus” dos nenos da aldea.

Narrado de forma xenial, é en parte autobiográfico, xa que lembra á aldea en que o propio Oé pasou a súa primera infancia.

 

O filme

A presa foi levada ao cinema en 1961 por Nagisa Oshima (coñecido tamén por O imperio dos sentidos, Bo Nadal, señor Lawrence, A cerimonia…).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s