Fin de século en Palestina, un novo libro a comentar no Club de Lectura Semanal

Texto por Gabriel Estevez

Autor1204904888Fin_de_seculo_en_Palestina

Miguel-Anxo Murado López (Lugo, 1965) é un escritor, xornalista e guionista galego.
Estudou Xeografía e Historia, especializándose en Arqueoloxía. En 1983 gañou o premio Café Gijón de novela curta en castelán con Metamorfosis benezianas. En 1985 publicou o seu primeiro libro en galego, Bestiario dos descontentos, un conxunto de relatos.
Foi guionista de series de televisión como Pratos Combinados e Mareas Vivas, tamén o foi de películas como La ley de la frontera (Adolfo Aristarain, 1995) e Fisterra (Xavier Villaverde, 1999).
Como xornalista foi director de Radio Círculo (Madrid) e correspondente de guerra nos Balcáns (1991-1993). Residiu durante varios anos en Oriente Medio onde, traballando para as Nacións Unidas, foi sucesivamente xefe de relacións exteriores do Ministerio de Medio Ambiente de Palestina e do Ministerio para Belén 2000. Máis adiante foi correspondente en Xerusalén do diario El Mundo durante os tres primeiros anos da Intifada. Actualmente é articulista de La Voz de Galicia e colaborador da SER; tamén é comentarista habitual de política española en BBC World Service, BBC 4, no diario británico The Guardian e na edición española do Huffington Post.
En 2008 recibiu o Premio da Crítica dentro da sección de Creación Literaria, o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e o Premio Losada Diéguez pola súa obra O soño da febre. En 2009 recibiu de novo o Premio da AELG, o Premio Ánxel Casal e o Premio Frei Martín Sarmiento por Fin de século en Palestina.

A obra. Fin de século en Palestina (2008)
No ano 1998 Miguel-Anxo Murado é enviado a Xerusalén polas Nacións Unidas para colaborar coa Autoridade Palestina: das súas experiencias e o seu fondo coñecemento daquela terra e a súa conflitiva historia xorde esta obra.
A súa estancia no país prolongaríase cinco anos nos que ocupou o posto de xefe de comunicación de Belén 2000 e foi organizador da visita de Xoán Paulo II a Terra Santa.
Coa distancia exacta, Miguel-Anxo Murado relata o día a día duns habitantes que ollan con escepticismo os Acordos de Oslo e se preparan para afrontar a inminente Segunda Intifada.
Testigo e partícipe dunha caótica burocracia, vese envolto en peripecias alternando o ton surrealista, como organizar unha visita de Demis Roussos (teimando en ser tratado como unha estrela internacional entre as ruínas de Belén), e o tráxico, vendo caer as bombas sobre a poboación civil. A paradoxal Palestina, de terra sagrada a inferno cotidiano, narrada co estilo agudo, vibrante e non exento de ironía, quizais a única estratexia para sobrevivir nun lugar así.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s