Lectura de decembro do Club de Lectura Mensual: Matar a un ruiseñor

Texto por Patricia Nuñez

MATAR A UN REISEÑOR, de Harper Lee. (1960)MATAR A UN RUISEÑOR

Matar un reiseñor (título orixinal en inglés: To Kill a Mockingbird) é unha novela da escritora estadounidense Harper Lee. Publicada en 1960, foi un éxito instantáneo, gañando o premio Pulitzer e pasando a converterse nun clásico da literatura moderna estadounidense. A novela está inspirada nas observacións da autora sobre a súa familia e veciños, así como nun incidente acontecido preto da súa cidade en 1936, cando tiña 10 anos de idade.

Aínda que a novela trata sobre temas polémicos como a violación e a desigualdade racial, tamén é loada pola súa tenrura e humor.

Foi adaptada ao cinema polo director Robert Mulligan con guion de Horton Foote en 1962 nunha película que gañou tres premios Óscar.

Tratase da única novela publicada de Harper Lee e aínda que continúa respondendo ante o impacto do libro, rechaza toda publicidade para ela ou a novela dende 1964.

Harper Lee é autora duns poucos ensaios. A súa novela é un alegato pola igualdade, a xustiza e contra o racismo; e narra a vida no seu pobo durante os anos da Gran Depresión, en concreto, un episodio acontecido  nel cando Atticus Finch, un respectado home na súa comunidade e modelo de rectitude, defende a un home afroamericano  acusado falsamente da violación dunha muller branca, no marco dun Sur moi racista, onde os prexuízos  pola cor da pel lle supón a condena.

Anímaste a lelo e comentalo con nos ?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s