Cometas en el cielo, novo libro no club de lectura semanal

Texto por Gabriel Estevez

Cometas en el cielo. Información sobre a obra

 O autorKhaled-Hosseini

Khaled Hosseini (Cabul, 1965) é un novelista e médico afgán nacionalizado estadounidense. É o autor da novela best-seller The Kite Runner (O cazador de Papaventos, Ediciones El Andén, edición galega; Cometas en el cielo, Salamandra, edición castelá -2003-) e de A Thousand Splendid Suns (Un milleiro de soles espléndidos, 2007). Neste presente ano ven de publicar a sua, polo momento, ultima obra, E as montanas falaron.

Menor de cinco irmáns, a súa nai era profesora de farsi e Historia nunha escola de segundo grao para rapazas en Cabul. O seu pai traballaba para o Ministerio do Exterior afgán como diplomático. En 1970, este ministerio enviou a súa família a Teherán, Irán, onde o seu pai traballou para a Embaixada afgá. En 1973 Hosseini e a súa família retornan a Cabul.

En 1976, Khaled Hosseini e a súa família múdanse para París, con motivo do novo emprego do seu pai. Non volven ao Afganistán porque, mentres estaban en París, acontece a intervención do seu país por parte da Unión Soviética. Deste modo, foi consentido á familia Hosseini asilo político, nos EUA, onde pasaron a residir en San José, California. As súas propiedades foron todas deixadas no Afganistán e eles tiveron que sobrevivir por un curto período coa axuda gobernamental.

Hosseini formouse na escola secundaria e inscribiuse na Universidade de Santa Clara, onde se graduou en Bioloxía, en 1988. Despois dalgúns anos, ingresou na Universidade da California, na Facultade de Medicina, onde recibiu o título de Doutor en 1993. Completou o período de residencia en Medicina Interna na Cedars-Sinai Medical Center, en Los Ánxeles, no ano 1996, período no cal, tomando as memorias do Afganistán no que vivira e as súas experiencias persoais, comezou a escribir a súa primeira novela, O cazador de papaventos, que se converteu nun best-seller publicado xa en corenta e oito países e traducido a doce idiomas.

En 2006 foi nomeado embaixador de boa vontade do ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, organismo da ONU encargado de protexer os refuxiados e desprazados por persecucións ou conflitos).

Khaled Hosseini continua praticando medicina; está casado e ten dous fillos.

A obra. Cometas en el cielo (2003)

Cabul 1975. Amir é un neno pashtún que desexa conseguir a admiración e o respecto do seu pai.  Con tal propósito, o seu fiel amigo Hassan e mais el apúntanse a unha competición de papaventos, antiga tradición no Afganistán que se celebra no inverno.

Cando termina o evento, ocorre algo monstruoso que cortará o fío da inocencia e da amizade entre ambos os dous. Con todo, por moita distancia que puxera por medio e por moito tempo que transcorra, Amir non será capaz de borrar da súa memoria o que pasou e reprobarase continuamente a actitude que tivo aquel día.

A produtora Dreamworks comprou os dereitos desta novela, así como a de Un milleiro de soles espléndidos, e estreou a adaptación da primeira novela en 2007.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s