Persépole, lectura para a primeira semana de xaneiro

Texto por Gabriel Gómez

Marjane Satrapi, nome artístico de Marjane Ebihamis (Irán, 1969), é unha novelista gráfica, ilustradora e escritora infanto-xuvenil franco-iraniana.

Medrou no seo dunha familia aristocrática de Teherán, emparentada coa dinastía Kadjar pero próxima aos movementos comunista e socialista no Irán antes da Revolución Iraniana. Alí frecuentou o Lycée Français e presenciou, durante a infancia, a crecente represión das liberdades civís e as consecuencias da política iraniana na vida cotidiana dos habitantes do país, incluíndo a caída do Xa, o réxime inicial de Khomeini, e os primeiros anos da Guerra Irán-Iraq.

En 1983, con 14 anos, Satrapi foi mandada a Viena, Austria, polos seus pais, a fin de fuxir do réxime iraniano. Alí, estudou no Liceo Francés. Posteriormente volve a Irán, onde obtén o mestrado en Comunicación Visual pola Facultade de Belas Artes en Teherán, Universidade Islámica Azad.

Logo, en 1994, Satrapi, mudaríase a Estrasburgo, Francia, onde cursará estudos na Escola Superior de Artes Decorativas.

Introduciríase no mundo da banda deseñada da man do debuxante e guionista Daid B., quen lle suxeriu narrar desta maneira as lembranzas da súa infancia en Irán. Nace así a novela gráfica Persépole.

Publica os catro tomos de Persépole entre 2000 e 2003, obtendo un grande éxito, tanto crítico como comercial.

Animada polo éxito desta obra, Satrapi publica en 2003 Bordados, nominado na categoría de mellor album no Festival de Angouleme. Finalmente, o seu seguinte libro, Polo con ameixas (2004), é recompensado, desta volta, co premio ao mellor album.

Entre 2005 e 2007, realiza en colaboración con Vincent Paronnaud (autor de banda deseñada) Persépole, a adaptación da súa obra ao cinema animado, en branco e negro. Será proxectado no Festival de Cannes de 2007, na sección oficial, e recibirá o Premio do Xurado e un éxito internacional que se verá coroado coa obtención de dous César o ano a seguir (mellor filme e mellor adaptación), así como unha nominación aos Óscar de 2008 ao mellor filme de animación.

Vive actualmente en París, onde traballa como ilustradora e autora de libros infantís.

A súa obra, en galego e castelán, é a seguinte:

Persépole (Rinoceronte, 2011), Persépolis, (Norma, 2002-2004)

Bordados (Norma, 2004)

Pollo con ciruelas (Norma, 2005)

El suspiro (Norma, 2011)

A obra. Persépole (2002-2004)

Persépole é a historia autobiográfica de Marjane Satrapi, a historia de como medrou nun réxime fundamentalista islámico que acabaría levándoa a abandonar o seu país.

A novela gráfica comeza a partir do ano 1979, cando Marjane ten dez anos e desde a súa perspectiva infantil é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do xa de Persia en Irán e dá paso a unha república islámica.

Además de diferenciarse dos demais nenos por ter sido educada ao estilo occidental dentro dunha familia de clase alta e por uns pais de ideoloxía progresista e partidarios do laicismo, “Marji” (como a coñeceremos ao principio da historia) tamén ten unha considerable inquetude intelectual para unha nena da súa idade e notable imaxinación que a leva a manter conversacións con Deus ou soñar con chegar a ser algún día a última profeta que siga os pasos de Xesuscristo e Mahoma.

A historia duns antepasados ilustres, unha familia que se opón activamente ao gobierno do Xa, as manifestacións, a diferenza de clases sociais ou a marxinación da nena son algunhas das pezas do quebracabezas que Marji se esforza por compor coa intención de comprender o mundo que a rodea.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s