Fata Morgana, a exposición explicada polo seu autor

Texto e Fotos por Niti Laíño 

Nyc_niti_lainho-9071

O título da exposición é Fata Morgana (o efecto Fata Morgana recibe o seu nome do italiano fata Morgana, é dicir: fada Morgana, en referencia á media irmá do Rei Arturo (Morgan le Fay) que, según a lenda, era unha fada cambiante É un espellismo ou ilusión óptica que se debe a una inversión de temperatura; obxectos que se atopan no horizonte como, por exemplo, illas, acantilados, barcos ou bloques de xeo, adquiren unha aparencia alargada e elevada, similar a “castelos de contos de fadas”); en definitiva, trátase dun fenómeno óptico de carácter lendario no mundo mariñeiro.

 

Escollín este título porque as fotografías desta exposición, tomadas en distintas cidades (Praga, Londres, Santiago, Barcelona, París) ao longo dunha década (do ano 2002 ao 2012) están ligadas por un recurso narrativo recorrente: son visións filtradas da realidade a través de cristais, da choiva ou das sombras, de aí a alusión a Fata Morgana, polos efectos ópticos e polo elemento acuático presente en moitas delas.

 

Este recurso permite ao que dispara manter unha distancia co retratado e á súa vez, tentar captar a intimidade desprevenida do que non se presenta á cámara, incluído o propio fotógrafo (algunhas das fotografías son autorretratos).

 

En canto ás características técnicas, a exposición mantén a continuidade cos anteriores traballos en canto ao xeito de operar: segue a ser fotografía analóxica (16 fotografías en branco e negro de 30×40 cm. e de 30×24 cm., en xelatina de prata sobre papel baritado) e sigo ocupándome eu mesmo do proceso creativo de principio a fin.

Dende o 8 ata o 24 de xaneiro podes vela no Centro sociocultural

_MG_5451

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s