A próxima exposición que acolleremos é: “AUSCHWITZ-BIRKENAU, UNHA MIRADA AO PASADO” de Daniel Candal

http://www.auschwitzlaexposicion.es

Do 27 de xaneiro ao 8 de febreiro 2014

 Sobre o autor3958442_300

Daniel Candal (A Coruña, 1991) é estudante de quinto curso do dobre grao en Dereito e Administracióney Dirección de Empresas na Universidade da Coruña. Afeccionado á fotografía dende fai anos, compaxina os seus estudios universitarios cunha aprendizaxe autodidacta da súa afección.

A través da fotografía, Daniel encontrou un medio de expresas a súa maneira de ver o mundo, de compartir momentos, de facer o que Cartier-Bresson definiu como “o instante decisivo”. Pois é así como ve a fotografía: a captura dun instante. Sen iso, non hai fotografía para el.

Considera que cada imaxe ten que transmitir un sentimento, unha inquedanza, de ser quen de transmitir a túa forma de ver o mundo aos ollos alleos. Cada fotografía é unha historia, un momento único que dificilmente volverase repetir. E isto é o que ten en conta cada vez que colle a cámara: o privilexio de ser quen de deter o tempo, de asegurarse dalgunha maneira que un instante non morra de todo.

Na súa breve experiencia no mundo fotográfico, Daniel Candal reúne os seguintes recoñecementos:

– Finalista no concurso internacional Worlwide Photowalk Leader Competition 2012.

– Gañador no concurso Viaxarte 2012 organizado polo Concello da Coruña. Premio á mellor fotografía.

– Finalista na modalidade de fotografía no concurso Xuventude Crea 2010 organizado pola Xunta de Galicia.

– Finalista e mención de honra no concurso Viaxarte 2010.

– 1er premio José Sardina Muíños 2010 de fotografía na modalidade de retrato.

modelo cartel stg ensanche

Sobre a exposición

“Auschwitz-Birkenau, unha mirada al pasado” é un conxunto de 25 imaxes en branco e negro sobre o maior campo de concentración e exterminio da historia do nazismo. 25 fotografías acompañadas de textos explicativos sobre os motivos concretos de cada unha delas, explicacións históricas e relatos de prisioneiros.

O conxunto de imaxes desta exposición pretende ser, tal e como di o seu título, unha visión actual do pasado, unha homenaxe xa non só ás vítimas de Auschwitz, ás do Holocausto nazi, senón ao ser humano como tal, como humano.

Todo isto trátase de conseguir a través dun percorrido fotográfico de Auschwitz, abarcando tanto imaxes de interiores coma de exteriores, nun acercamento ao sufrimento que houbo una Europa da Segunda Guerra Mundial. As imaxes teñen como denominador común a presenza do branco e negro e unha ausencia case total de seres humanos nelas pois, se algo lle falta a esta exposición, son millóns de persoas que pereceron baixo o nazismo.

Realizadas en xuño de 2011, case un ano despois convertéronse en exposición que se amosa ao público tras pasar por cidades coma A Coruña, Ferrol ou Oviedo.

Búscao no Facebook: https://www.facebook.com/DanielCandalFoto

http://www.flickr.com/photos/danielcandal

mais información en: http://auschwitzexposicion.wix.com/auschwitzbirkenau

Advertisements

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s