DISPARANDO DENDE ABISINIA, No teu centro do Ensanche o mércores 19 de febreiro

Shoots

MÉRCORES 19 FEBREIRO 19.00h, ENTRADA LIBRE ATA COMPRETAR AFORO

Esta longametraxe é a culminación dun traballo que se iniciou no verán do 2010 coa rodaxe no norte de Etiopía. A película xorde nun principio para mostrar Etiopía, un país completamente descoñecido para a gran maioría da xente que vive ao norte e de costas ao continente africano.

Abdul, o protagonista, é un neno de 15 anos que vive en Galicia e que decide viaxar á súa terra despois de 4 anos residindo en Europa. O seu pai dálle un libro, Historia da Etiopía escrito en portugués hai 400 anos polo frade castelán Pedro Páez. O rapaz empregará este libro como guía seguiendo os pasos do autor. Aos poucos a presenza da sombra, do espírito de Pedro Páez, faise máis real, máis latente. Tamén se vai facendo máis real, máis latente Etiopía.

A historia, planeada como viaxe iniciática, chega ao clímax cando finalmente descobre as fontes do Nilo, aquelas que Pedro Páez, 400 anos atrás, descubriría para o mundo. O simbólico bautismo naquelas augas funde lenda e realidade dun neno co seu país, co seu río, coa vida.

FICHA TÉCNICA:

Duración: 101 minutos. (2012)

Protagonizada por: Abdul Fernández Fondevila.

Dirección, imaxe, guión e montaxe: Ovidio Fernández Sánchez.

Produción: Catarina Fernández Fondevila.

Asistencia ao guión: Xandra Tedín Mouzo, Ana Cadenas Pérez e Eva Sandino.

Contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

Abay, Asociación para o desenvolvemento en Etiopía, é unha asociación non gobernamental e sen ánimo de lucro, cuxa finalidade é promover a realización de accións, procesos e programas de Cooperación para o Desenvolvemento Humano, Axuda Humanitaria e en xeral accións solidarias co pobo etíope. Abay naceu en outubro do 2008 da inquietude dun grupo de pais adoptantes interesados en participar no desenvolvemento de Etiopía, país que viu nacer os seus fillos. Posteriormente sumáronse moitas máis persoas non relacionadas coa adopción pero que por un ou outro motivo desexan contribuír ao desenvolvemento do pobo etíope.

Abay desenvolve o seu traballo na rexión de Oromia, distrito de Bacho Walmara e concretamente no Kebele de Gaba Kemisa, cunha área de influencia que inclúe a máis de 23.000 persoas. Trátase dunha contorna rural a 66 km da capital Adis Abeba, a onde non chegou a electricidade nin a auga corrente.

Dende o comezo das súas actividades, Abay realizou proxectos que axudan a mellorar as condicións de vida da comunidade de Gaba Kemisa, traballando en distintas áreas como a educación, sanidade e de apoio á comunidade. Entre os nosos obxectivos está o de intentar que sexa unha rexión capaz de valerse por si mesma, proporcionándolles recursos para iso, formación; dotación mobiliaria e apoio ao colexio de Bacho Walmara; aula canguro; talleres de alfabetización de adultos; emponderamento da muller; promoción da saúde e hixiene; apadriñamentos de familias máis desfavorecidas; escolas deportivas que favorezan hábitos de vida saudables; parcelas de demostración agrícola; aula de música; taller téxtil; taller de zapatos; reforma do centro sanitario e contratación de enfermeiro; sala de maternidade e moitos outros proxectos máis.

Se queres saber mais sobre este proxecto, consulta na súa web pinchando na seguinte ligazón:

Shoots from Abyssinia – Disparando desde Abisinia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s