Novo libro no Club de lectura semanal: LIBERTADE

Texto por Gabriel Gómez

libertad 1

 

O Autor

Jonathan Franzen, nado o 17 de agosto de 1959 en Western Springs (Illinois), é un novelista e ensaísta estadounidense.

 De nai estadounidense e pai sueco, criouse en Webster Groves, un arrabaldo de Sant Louis, no estado de Missouri. Estudou no Swarthmore College, famosa institución educativa fundada en 1864 polos cuáqueros, e en Berlín grazas a unha bolsa Fulbright, o que fixo que actualmente fale con fluidez alemán.

 

Ao mesmo tempo que escribía a súa primeira novela, traballou no laboratorio de sismoloxía da Universidade de Harvard; a devandita novela, A vixesimosétima cidade, apareceu en 1988 e tivo boa crítica. Catro anos máis tarde publicou Movemento forte, sobre unha familia disfuncional

 Para que chegara o seu recoñecemento houbo que esperar nove anos: en 2001 publicou a súa monuental As correccións, un extenso drama satírico, amplamente aclamado pola crítica, fixo que Franzen gañara o National Book Award e fose finalista no Premio Pulitzer de ficción; en 2010 esta novela tiña vendido case tres millóns de exemplares no mundo.

A súa novela máis recente, Liberdade, foi publicada en 2010; con ocasión da súa publicación, a revista Time, que levaba dez anos sen pór ningún escritor estadounidense na súa portada, dedicoulle a do 31 de agosto.

Actualmente vive no Upper East Side de Manhattan, Nova York, e escribe para a revista The New Yorker.

 

A obra. Liberdade (2010)

libertad 2

Patty e Walter Berglund son membros dunha nova e florecente clase urbana, pioneiros na recuperación dun barrio degradado.

 Ademais de nai modélica e esposa perfecta, Patty é a veciña ideal, a que sabe onde se reciclan as pilas e como escoller un colexio adecuado para os nenos.

 Xunto co seu marido Walter, avogado ecoloxista e fervente defensor da bicicleta, achegan o seu gran de area á construción dun mundo mellor.

 

Non obstante, a chegada do novo milenio pon a vida dos Berglund patas arriba: o seu fillo adolescente instálase na casa dos veciños republicanos, Walter acepta traballar para unha compañía mineira, e Richard Katz, antigo compañeiro de Walter, rockeiro extravagante e mullerengo empedernido, cobra un protagonismo insospeitado na parella.

 Pero aínda máis desconcertante é a evolución de Patty, que de ser a figura máis activa do barrio transformouse nunha muller ensimesmada á procura da súa propia felicidade.

 Cunha efectiva combinación de humor e traxedia, Franzen debulla as tentacións e as obrigas que conleva a liberdade: os praceres da paixón adolescente, os compromisos desprezados na madurez, as consecuencias do anhelo desenfreado de poder e riqueza que arrasa o país.

 Así, nos acertos e erros dun grupo de persoas que tratan de adaptarse a un mundo confuso e cambiante, Franzen pinta un cativador retablo da nosa época.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s