Aprende cociña árabe: Mandy e sandwich de falafel

Texto por Belén Bentureira e Rawan

O último martes de cada mes, os nosos participantes de iniciación a lingua e cultura árabe achéganse a esa cultura a través da gastronomía, para isto desplázanse ao centro sociocultural da Trisca para poder utilizar a aula de cociña e así poder achegarse á cociña árabe. Guiados por a monitora da actividade, Rawan, os participantes puideron aprender a preparar e degustar duas ricas receitas.

A primeira que realizaron chamase Mandy un suculento arroz con ternera e un sandwich de falafel.  A continuación vos deixamos a receita para que vos tamén podades facela. Vos animades a probar?

Mandy

Ingredentes para 6 personas

  • 600 gr. De arroz basmatimandi
  • 1 1/2kg de carne de ternera “agulla”
  • 1 feixe de cilantro
  • 1 tomate maduro
  • 1/2 pemento verde
  • 2 dente de allo
  • 1 cebola grande
  • Sal (ó gusto)
  • 1 pouco de carbón (para facer brasa)
  • Aceite de oliva
  • Especias (reladura de noz moscada, canela, curry, loureiro, pementa negra e cardamomo).
  • Uvas pasas
  • Améndoas
  • Piñons
  • Papel albal

 

Preparación

Se pon a cocer con loureiro a carne de agulla ata que se poña tenra.

Mentres se vai cociñando a carne picamos o allo, o pemento verde, a cebola, o cilantro e o tomate e os sofreimos con dúas cucharadas de aceite.

Cando este pochada esta mezcla se lle engade o arroz basmati as especias e a sal. Una vez feito isto engádeselle auga (de la cocción da carne) e se cubre o arroz. É importante respectar a cocción do arroz basmati (uns 20 minutos aproximadamente).

Cando o arroz esta listo se  engádese os anacos de carne. En papel albal poñemos a brasa e engadimos una culler de aceite e tapamos rápido porque vai a saír fume. O que facemos con isto es afumar o arroz este proceso tardara 1 minuto aproximadamente.

Emplatamos e decoramos con froitos secos frixidos.

Esta comida acompáñase cunha ensalada e con salsas picantes.

Sándwich de Falafel

falafel

Ingredentes:

  • 2 Pepinos
  • 2 Tomates
  • 1 Bote de pepinillos
  • Medio kilo de garavanzos
  • Perexil
  • Cilantro
  • 1 Cebola
  • 3 Dientes de ajo
  • Cominos
  • Cilantro seco moído
  • Especias para falafel
  • Sal (ó gusto)
  • Pan de pita
  • Aceite de xirasol

Preparación

E importante ter en remollo os garavanzos a noite anterior a facer a receita.

Se tritura directamente os garavanzos sen cocer coa picadora xunto coa cebola, os allos, o perexil, a sal, os cominos, o cilantro fresco e unha taza de auga (a ser posible da auga que estiveron os garavanzos en remollo). Mesturar ata conseguir unha textura espesa.

Formar pequenas bolas coa mistura que acabamos de facer del tamaño de una pelota de ping pong. Fríxese en unha cazarola con aceite de xirasol (a bola debe ir al fondo, cando este lista subira ela sola). O aspecto que debe ter es dourado.

Se quenta o pan de pita no forno (este debe inchar un pouco).

Cortase o pepino, os pepinillos e o tomate en cachos finos

Unha vez quente o pan de pita se parte a metade e se mete un pouco de pepino de tomate e de pepinillos unhas bolas de falafel que se aplastan e se acompaña con humus (deixalo mais liquido que para tomar como paté).

Aquí deixamos o enlace ao hummus para que recordedes como se fai xa que o vamos utilizar en esta receita.

https://oensanche.wordpress.com/2013/11/05/aprendemos-a-facer-hummus-unha-receta-arabe/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s