CHEGA A GALICIA A EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO CENTENARIO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

EOI

O centro sociocultural e xuvenil municipal do Ensanche e a Escola Oficial de Idiomas de Santiago acollen as dúas partes da mesma.

Con motivo do centenario da existencia das Escolas Oficiais de Idiomas, a EOI de Santiago de Compostela, xunto coa Asociación de Profesorado de EOI de Galicia (APEOIGA), programaron a chegada a Galicia da exposición conmemorativa, que leva percorrendo a xeografía do Estado desde o ano 2011, e que ficará en Compostela até o 6 de marzo, antes de continuar
o seu periplo por outras vilas e cidades galegas.

A exposición divídese en dúas partes. A primeira, que se exhibe na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, leva por título “Cen anos a che dar a palabra”  e fai unha viaxe pola historia das EOI, desde a creación da Escuela Central de Idiomas de Madrid, no ano 1911, até a actualidade. Nela faise un percorrido gráfico e histórico
polos 100 anos destas institucións educativas e os seus protagonistas principais, alumnado e profesorado, e expóñense documentos administrativos e bibliográficos que fan parte do seu devir.

A segunda parte, denominada “O noso son as linguas”, que conta tamén cunha parte interactiva e audiovisual, exponse no centro sociocultural e xuvenil municipal O Ensanche e presenta un percorrido por todas as linguas que se ensinan e aprenden nas escolas oficiais de idiomas do Estado, con paneis explicativos individualizados por cada unha delas.

Pódese atopar máis información sobre esta e outras actividades en

www.eoisantiago.org ou no teléfono de contacto 606383584

Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
Rúa do doutor Ulpiano Villanueva, 1-2
15705 Santiago de Compostela
Tf: 981 55 47 10
Fax: 981 55 48 75
www.eoisantiago.org

eoi.santiago@edu.xunta.es

http://www.facebook.com/pages/Escola-Oficial-de-Idiomas-de-Santiago-de-Compostela/298317890193833

Twitter: @eoisantiago

IMG-20140211-WA0001

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s