Da beleza, novo libro no Club de Lectura Semanal

Texto por Gabriel Gómez

Da beleza. Información sobre a obra1

 A autora

 Zadie Smith (Londres, 1975), naceu e medrou no barrio multicultural e de clase obreira de Brent. A súa nai, modelo xamaicana, emigrou ao Reino Unido en 1969 e casou cun fotógrafo inglés. De nena afeccionouse á danza e de adolescente interesouse por converterse en actriz de musical.

 

Tras formarse en colexios e institutos públicos, estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Cambridge. Mentres estudaba actuaba como cantante de jazz e quería ser xornalista, mais foi pola literatura polo que ao final se decantou: White Teeth (“Dentes brancos”) deuse a coñecer no mercado literario en 1997, moito antes de que estivese acabada; os retallos literarios que chegaban aos editores espertaban un inusitado interese para unha primeira novela aínda non terminada. Zadie Smith terminouna no seu último ano de carreira e publicouse en 2000 converténdose inmediatamente en bestseller. A novela supúxolle un éxito internacional e valeulle numerosos galardóns.

Tras publicar The Autograph Man (“O cazador de autógrafos”) Smith abandonou Londres e estivo na Universidade de Harvard de 2002 a 2003.

A súa terceira novela, On Beauty (“Da beleza”) gañou o Premio Orange de 2006.

A súa última novela NW, data de 2012, e está ambientada na zona londinense de Kilburn e o título fai referencia ao seu código postal (NW).

A súa obra, publicada en galego e castelán, é a seguinte:


-Dientes blancos (Ed. Salamandra, 2001)

-El cazador de autógrafos (Ed. Salamandra, 2003)

-Da beleza (Ed. Galaxia, 2008), Sobre la belleza (Salamandra 2006)

-El libro de los otros, editora, (Ed. Salamandra, 2009)

-Cambiar de idea, ensaio, (Ed. Salamandra, 2011)

NW London, (Salamandra 2013)

 

 

A Obra. Da beleza (2005)2

O británico Howard Belsey, profesor universitario nunha pequena e próspera cidade de Nova Inglaterra,  está a pasar, aos seus 57 anos, por un dos seus momentos vitais máis baixos: o seu futuro académico parece definitivamente estancado e, na súa casa, as cousas van de mal en peor. Tras trinta anos de convivencia con Kiki, unha fermosa activista afroamericana que agora pesa cento vinte quilos, un desliz amoroso ameaza con afundir o seu matrimonio.

 

Canto aos seus tres fillos, encóntranse absortos nas súas propias vidas: o namoradizo e sisudo Jerome, de vinte anos, converteuse ao cristianismo; a inxenua e ambiciosa Zora, de dezanove, segue os ditados da súa precoz intelixencia, e o quinceneiro Levi é un abandeirado da negritude.

 

E como se o panorama non fose o bastante complexo, o odiado Monty Kipps, especialista en Rembrandt como el e o seu adversario intelectual máis acérrimo, foi convidado a formar parte do corpo académico da universidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s