Vacantes en cursos, novas actividades, concertos, contacontos e moito mais para esta primavera

Estamos rematando o trimestre e polo tanto renovando os grupos nos cursos anuais que ofertamos. Podes consultalo premendo aquí.

Cursos con vacantes:

Iniciación a lingua e cultura Árabe (martes 20.00 a 21.00h, 42€/trimestre)

Cursos con posibles vacantes:

Traballando a Memoria. Mércores 10.15 a 11.00h ou 11.15 a 12.00h (18€/trimestre)

Ioga. Martes e xoves 9.00 a 10.00h (51€/trimestre)

Novos cursos:

Manexo básico de cámara dixital compacta (para maiores de 60 anos, se hai prazas admítense menores de 60) venres 10.30 a 12.00h 33€/trimestre

Monográfico Facebook para principiantes. Mércores de abril de 10.30 a 12.00h. 14€

Monográfico Manexo básico de Internet. Mércores de abril de 17.30 a 19.00h. 14€

Hoxe comeza a primavera, e con ela chegan as actividades en torno as letras (dia do libro, da poesía, das letras galegas, etc…) todas estas englóbanse nun programa chamado LER, CONTAR E GOZAR COAS LETRAS que podedes consultar na nosa web ou premendo no título deste mesmo texto.

Neste centro teremos un Contacontos familiar e interactivo o  venres 25 abril ás 18.30h e un libroforum aberto a quen queira participar sobre o dia do libro, o xoves 24 de abril ás 19.30h.

Non esquezas que…

Este sábado 22 ás 19:00h tedes unha cita coa poesía nun espazo singular, a escalinata de mármore do pavillón central do Hospital Psiquiátrico de Conxo. Neste espazo, o Centro Sociocultural de Conxo, organiza un acto de celebración do Banquete de Conxo, onde se van recitar poemas de Aguirre do libro Recuerdos de Agosto editado por Alvarellos e o Consorcio de Santiago e Xurxo Martínez González falará sobre o contexto histórico do Banquete de Conxo. Finalizará o acto con dúas novas voces poéticas excepcionais Celia Parra cos audiopoemas e Rosalía Fernández en intersección musical con Pablo Vidal. Non o perdades.

Para finalizar, recordarvos que este sábado 22 pola mañan, a partir das 12h hai XOGOS NA PRAZA ROXA, que no caso de choiva se fará dentro do centro sociocultural

E por último…

Aproveitamos para adiantarlles e que anotedes nas vosas axendas dúas interesantes actividades para o mes de abril e maio:

Mércores 2 abril 19.00h Cine: Tilda &Jean, (2013) dixida por Darío Autrán. Duración 70´ mira o trailer premendo aqui

Venres 23 maio 20.00h. Concerto de Adan Jorge, un cantautor lugués, afincado en Compostela, cuxa música melódica nos achega a ritmos como a Bossa Nova. Un  concerto para disfrutar cos sentidos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s