Nova lectura: O XIRO POSTAL de Ousmane Sembère

Texto por Gabriel Gómez

INFORMACIÓN DA OBRA

Sobre o autorautor
Ousmane Sembène (Senegal, 1923-2007) naceu no seo dunha familia de pescadores. Á partir dos 7 anos vai á escola coránica e á francesa, aprendendo ao mesmo tempo o árabe e o francés, sendo a súa lingua materna o wolof.
En 1942 é mobilizado polo exército francés e integrado nos fusileiros senegaleses.
En 1946 embarca clandestinamente cara a Marsella, onde vive de pequenos traballos até que encontra traballo como estibador no porto, ocupación que desenvolverá durante dez anos. Afíliase á CGT e ao PCF. Milita contra a guerra en Indochina e pola independencia da Alxeria.
En 1956 publicará a súa primeira novela, Le Docker noir (O estibador negro), onde relata a súa experiencia como estibador. Nos anos seguintes publicará dúas novelas máis.
En 1960, ano da independencia do Sudán francés -nomeado despois como Mali- e do Senegal, Ousmane regresa a África. Viaxará a través de diferentes países: Mali, Guiné, Congo… Nesa época comezará a pensar no cinema, para dar outra imaxe a África, querendo mostrar a realidade do país a través das máscaras, as danzas e as representacións.
En 1961 entra nunha escola de cinema en Moscova. Realizará á partir de 1962 as súas primeiras obras cinematográficas, sendo 1966 o ano da súa primeira longametraxe, que será tamén a primeira “negro-africana” do continente, titulado La noire de…. Con Le mandat consegue o Premio da crítica internacional no Festival de Venecia en 1968, cunha comedia contra a nova burguesía senegalesa, aparecida coa idependencia.
Nas seguintes décadas, cos seus filmes, Sembène reivindica un cinema militante, indo el mesmo de aldea en aldea, percorrendo África para mostrar os seus filmes e transmitir a súa mensaxe.
En 2006 recibe, na residencia do embaixador de Francia en Dakar, as insignias de oficial da orde da Lexión de honor da República francesa. Antes recibira os premios das Universidades de Harvard e Boston.
Enfermo desde había anos, morre á idade de 84 anos no seu domicilio de Yoff, en 2007.
A súa obra escrita só se encontra traducida ao galego (O xiro postal, Rinoceronte, 2008)

A obra.obra

O xiro postal (1965): A chegada dun xiro postal altera a rutina dun barrio pobre do Dakar dos anos 60. Toda a veciñanza espera atopar neses cartos a saída a unha vida miserenta, chea de débedas e privacións. A través das peripecias polas que pasa o protagonista para cobrar o xiro, Ousmane Sembène ofrécenos un retrato cruel pero lúcido do Senegal inmediatamente posterior á Independencia, no que se manteñen as estruturas sociais e económicas da época colonial.

Levado ao cine polo propio autor (Mandabi, 1968), O xiro postal denuncia a hipocrisía, a corrupción e o parasitismo dunha sociedade que, porén, ten nas súas mans a posibilidade de tentar cambiar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s