Avisos varios de inicio de inscrición de actividades

 

Este xoves 10 de abril iníciase o prazo de inscricións de varias actividades:

A actividade de venres en familia xa está aberto o prazo de inscrición dende principio de mes pero aproveitamos para recordalo: Venres 11 de abril en familia, obradoiro de cariocas no Parque Euxenio Granell. A partir das 18h trasladarémonos ao parque Euxenio Granel para disfutar do bo tempo no parque ensinando a pais e nenos a facer cadansúa carioca e aprender a manexalas

 

Este xoves 10 de abril ábrese o prazo para as visitas culturais, a excursión de Terras de Burgos (17h) e para os cursos da aula de informática

 

Programa de visitas culturais. Inscricións a partir do xoves 10 de abril

O programa será coordinado polo carismático catedrático José Manuel Vázquez Varela, que ademais de desenvolver as súas tarefas de antropólogo e etnógrafo, publicou decenas de libros e foi profesor da facultade de Historia da Universidade de Santiago.

O profesor Vázquez Varela, agora xubilado, está considerado unha autoridade mundial no seu campo de traballo e é recoñecido dentro da Universidade como un formidable pedagogo. Este programa preséntase como unha oportunidade única de poder disfrutar e compartir experiencias e coñecemento co profesor compostelán.

Iníciase con cinco encontros (cun máximo de 20 persoas por cada un) que se desenvolverán nos próximos meses de abril e maio dando así a coñecer a historia de Santiago e a súa relación con outras cidades.

Mércores 23 abril 17.30h A Universidade a través do seu patrimonio

Sábado 26 abril 11.00h Castelo e fortificación da Rocha

Mércores 30 abril ás 17.30h Museo de Terra Santa (1€)

Sábado 3 maio 17.30h. Petroglifos de Conxo e arredores

Mércores 7 maio 17.30h Museo do Pobo Galego

 

Excursión a terras de Burgos este xoves 10 ás 17h abrese o prazo de inscrición para a excursión a Terras de Burgos que terá lugar o 1 ao 3 de maio. Pinche no titulo para mais información

 

Cursos aula de informática:

Monográficos (14€)

  • Xestión das imaxes no PC (senior). Mercores de maio de 10.30 a 12.00h
  • Procesador de textos (adultos). Mércores de maio de 17.30 a 19.00h
  • Manexo básico de Internet (senior) Mércores de xuño de 10.30 a 12.00h

Obradoiro (de balde)

  • Aprende a traballar cun pendrive (adultos) mércores 4 xuño 17.30-19.30h

 

Exposición certame música Xove do departamento de xuventude. Durante este mes estará a exposición de Fotografías de Andrés Fraga durante o Certame de Música Xove´13. A inauguración será o xoves 10 de abril ás 19.00h

 

Cata de queixos o 14 de abril ábrese o prazo de inscrición para anotarse á cata de queixos que terá lugar o mércores 30 de abril ás 19.30h

 

E por último un aviso de interese a familias

 

Aberto prazo de inscrición nos campamentos de conciliación de semana santa no CEIP As Fontiñas os dias 14, 15, 16, e 21 de abril. Para mais información preme no titulo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s