No club de lectura semanal están a ler: O Club da Calceta

Texto por Gabriel Gómez

 

O club de calceta. Información da obra

A autora

María Reimóndez Meilán, nacida en Lugo en 1975, é unha tradutora e escritora galega. Cultiva tanto a narrativa e a poesía como o ensaio e o teatro.

María Reimóndez leva traballando en cooperación desde o ano 1994, cando realiza a súa primeira visita a un proxecto de desenvolvemento na India. Despois de novas visitas, principalmente de formación e participación en diversos proxectos, todos na India, funda a ONG Implicadas/os no Desenvolvemento, da que foi presidenta até 2013, que leva traballando na India desde o ano 1998 e desde 2003 en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable. Ademais foi fundadora da Asociación de Profesionais da Tradución e da Interpretación, sendo ela mesma tradutora e intérprete de profesión.

María Reimóndez escribe desde os seis anos, aínda que o seu primeiro libro publicado é de 2002 (Moda Galega). Na súa mocidade foi gañadora de varios premios, como o Rúa Nova ou o Minerva. Tamén colaborou con O son das buguinas, un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento.

Colaborou con artigos de opinión na plataforma dixital Vieiros e no periódico A Nosa Terra. Ademais, forma parte do grupo de investigación Feminario de Investigación: Feminismos e Resistencias (Teorías e Prácticas) da Universidade de Vigo, onde realiza unha tese sobre a interacción do Feminismo, Postcolonialismo e a Tradución.

A súa obra no terreo da narrativa é a seguinte:

  • O caderno de bitácora (Positivas, 2004)
  • O club da calceta (Xerais, 2006)
  • Pirata (Xerais, 2009)
  • En vías de extinción (Xerais, 2012)

A obra. O club de calceta (2006)

Seis mulleres moi diferentes entre si asisten a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións mais onde, ao mesmo tempo, toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala.

A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dá a voz a estas mulleres que, desde as súas diferenzas, conseguen encontrar na unión a forza necesaria para sobreporse a un presente que as nega ou menospreza. Cun estilo áxil que fai da lectura unha experiencia entretida e, ás veces, incluso hilarane, a autora ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.

Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda fannos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s