Cursos ano 2014-15 | ACTIVIDADES DE MOVEMENTO, CULTURAIS, IDIOMAS E INFORMÁTICAS

 PRAZOS DE INSCRICIÓN:

 1. CURSOS ANUAIS E TRIMESTRAIS OUTUBRO A DECEMBRO 2014:

Os cursos comezarán na semana do 6 de outubro

Do 3 ao 13 de setembro de 2014. Prazo de preinscrición, presentación de solicitudes en horario de maña e de tarde Martes 16 de setembro de 2014. Publicación das listas provisionais e publicación da necesidade ou non de celebrar sorteo público de prazas. (os empadroados teñen prioridade no sorteo) Xoves 18 de setembro ás 13.00h. Sorteo público de prazas se procedese Venres 19 setembro publicación das listas definitivas de admitidos.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA, Do 22 ao 26 de setembro de 2014, entregando o xustificante de pago no centro onde se realiza a actividade

2. MONOGRÁFICOS, OBRADOIROS E ACTIVIDADES TRIMESTRAIS QUE NON COMEZAN EN OUTUBRO

Monográficos e obradoiros NOVEMBRO inscricións 16-30 de outubro

Monográficos e obradoiros DECEMBRO: inscrición do a partir do 24 novembro

3. CURSOS TRIMESTRAIS, MONOGRÁFICOS E OBRADOIROS DO TRIMESTRE XANEIRO A MARZO: consulte inscricións a principios de decembro

4. CURSOS TRIMESTRAIS, MONOGRÁFICOS E OBRADOIROS DO TRIMESTRE ABRIL A XUÑO: consulte inscricións a principios de marzo

FOLLA INFORMATIVA preinscrición CURSOS Csc O Ensanche 14-15_Página_2

FOLLA INFORMATIVA preinscrición CURSOS Csc O Ensanche 14-15_Página_3

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Os cursos trimestrais e anuais a prazas adxudícanse entre as fichas de inscrición entregadas en prazo, sorteándose se houbese mais solicitudes que prazas (con sorteo)

Nos monográficos e obradoiros as prazas cúbrense por orde de inscrición (sen sorteo)

 

 

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

  1. Terán prioridade os empadroados neste concello
  2. A asistencia ós cursos é obrigatoria: O participante ten o compromiso de participar no curso. Se polo motivo que fose non pode asistir debe comunicalo ao centro ben ao monitor ou en portería.

As faltas de asistencia aos cursos poden supoñer a perda da praza sen necesidade de ser avisados.

  1. Perda da praza. O usuario dun curso pode perder a praza do mesmo sen necesidade de ser avisado nos seguintes casos:
  • Non efectuar o pago nos prazos establecidos
  • Ausencia sen xustificar e sen avisar no curso de 3 sesións seguidas ou 5 alternas
  • Faltas graves que atenten ao cumprimento das normas xerais do centro: falta de respecto aos dereitos das persoas, maltrato de palabra e/ou obra aos usuarios ou persoal ao servizo do centro, sustración de calquera clase de obxecto ou material do centro, e neglixencia na utilización do equipamento e material do centro
  1. Puntualidade. O participante debe estar puntual na clase, pudendo o monitor impedirlle o acceso unha vez comezada a sesión
  2. Pagos. O pago da actividade é obrigatorio sendo a súa ausencia motivo de baixa inmediata da mesma. Con carácter xeral non se devolverá o importe a menos de que se cancele a actividade por decisión da organización
  3. Baixa da actividade. O participante debe darse de baixa por escrito, firmando unha renuncia á praza. No caso de non facerse así poderáselle esixir o pago da actividade aínda que non asistira.

 

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS PARA O CLUB DE TEATRO

Para o bo funcionamento da actividade, de carácter xeral non se incorporarán mais participantes a partir de xaneiro

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS PARA O CLUB DE XADREZ

Os grupos son en función do dominio do xadrez, non por idade.

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS PARA O CLUB DE LECTURA

Para evitar demoras, os libros soamente se recollerán e entregarán cada quince días no dia e hora que se indicará en clase.

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS ACTIVIDADES MOVEMENTO

O participante debe estar en boas condicións para facer a actividade, debe entregar unha declaración na que manifesta que se atopa nas condicións axeitada para participar nesta actividade. En caso de dúbida que pode consultar co seu médico

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS PARA OS CURSOS DE INFORMÁTICA:

Teñen preferencia as persoas que nunca participaron en cursos anteriores

Os participantes dos cursos nos que teñen que ter coñecementos básicos que se indican en cada un e deben superar unha proba de nivel previa ao inicio do curso

Os alumnos que non cumpran os requisitos mínimos específicos de cada curso perderán a praza. Unha vez iniciado o curso non se cubrirán as posibles baixas

Pode consultar as condicións e características de cada curso na súa folla de inscrición

 

DESCARGA AQUI AS FICHAS DE INSCRICIÓN

CURSOS ANUAIS 

CURSOS TRIMESTRAIS, MONOGRÁFICOS E OBRADOIROS

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s