BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para a Exposición Espazos compartidos, cines e vidas

comO programa Compostela Cine Classics chega co outono e achéganos ao cine de todalas maneiras posibles. Dende obradoiros tanto infantís coma de adultos. Charlas sobre cine, encontros con profesionais, proxecións comentadas por profesionais do medio… todo isto en distintos centros socioculturais da cidade e a gran maioría, de balde!

A exposición do ano pasado “Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia” podese visitar actualmente na Casa das Asociacións de Cornes, Rua Manuel Beiras nº3 de martes a sábado de 10 a 14h e de 17 a 20.30h do 1 aou 31 de outubro.

 

Compostela Cine Classics propón unha nova  exposición no mes de xaneiro chamada “Espazos compartidos, cines e vidas” será sobre as experiencias peroais no cine,  a relación entre o cine e a nosa vida, dende unha perspetiva protagonista e de espectador. É dicir,a exposición farémola entre todos achegando a nosa visión/experiencia co cine da maneira que cada un desexe. A fotografías deben ter como temática O CINE, tendes ata o 19 de decembro para enviar as vosas fotografías para o concurso. Consultade as bases

A fotografía gañadora e os 14 seguintes formarán parte da exposición que estará no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche do 15 de xaneiro ao 12 de febreiro

 

BASES CONCURSO

Participación.
Poderá participar calquera persoa maior de idade ou menor no caso de contar coa autorización expresa e correspondente do pai/nai/titor legal.

 

Tema.
As fotografías terán como tema O CINE no sentido máis amplo da palabra. Imaxes tomadas en ou sobre o programa Compostela Cine Classics pero tamén sobre calquera outro aspecto persoal e sentimental que o autor/a queira expresar arredor deste tema: o cine da infancia, momentos especiais no cine ou calquera outro aspecto que se poida captar nunha imaxe.

 

Prazo.
O prazo de presentación de fotografías para o concurso será do venres 12 de setembro ao venres 19 de decembro de 2014.

 

Presentación de fotografías.
As fotografías enviaranse en formato dixital (jpg, png ou similar) á páxina de facebook Compostela Cine Classics (por mensaxe privada que despois o administrador publicará no álbum do concurso),  ou por correo electrónico a compostelacineclassics@santiagodecompostela.org.

As imaxes poderán estar feitas con cámaras dixitais, smartphones ou calquera outro medio, sempre que despois se envíen en formato dixital.

Cada imaxe enviada deberá adxuntar un título para a mesma co gallo de insertala públicamente no concurso, así como datos de contacto (non se farán públicos) do fotógrafo/a (dirección de correo electrónico e número de teléfono móbil a ser posible)

Cada participante poderá concursar cun máximo de 3 imaxes.

 

Xurado.

As puntuacións das fotografías estarán ao 50 % / 50 % baseadas na votación pública de cada imaxe presentada e na valoración dun xurado profesional que, previamente anunciado, se reunirá unha vez rematado o prazo de presentación do concurso.

Da suma dos votos do concurso a través da páxina oficial en facebook de Compostela Cine Classics (no álbum fotográfico correspondente) e os do xurado xa citado sairá a imaxe gañadora e as outras 14 imaxes que conformarán a exposición ESPAZOS COMPARTIDOS. CINES E VIDAS.

 

Premios.
A fotografía máis votada acadará un premio consistente nun lote de libros sobre cine.

Tanto a fotografía gañadora como as 14 seguintes más votadas estarán expostas no CSCXM O Ensanche do 15 de xaneiro ao 12 de febreiro, dentro da exposición ESPAZOS COMPARTIDOS. CINES E VIDAS.

Aos/ás 15 participantes cuxas imaxes estean expostas entregaráselles as mesmas impresas e enmarcadas en tamaño 40 × 50 cm. unha vez rematada a exposición.

 

Dereitos e aceptación das bases.

A participación no concurso leva á cesión a favor da organización de Compostela Cine Classics, por parte dos/das concursantes, dos dereitos de reprodución e exposición sobre as obras fotográficas, pero só para a devandita exposición e para difusión/promoción do concurso nos cauces habituais de difusión do Concello de Santiago e deste programa específico, e sempre sen ánimo de lucro.
A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases e da decisión nas votacións finais.

 

 

Podes consultar neste enlace toda a programación do Programa Compostela Cine Classics

http://santiagodecompostela.org/medi/departamento/centros_socioculturais/banners/CineClassics2014.pdf

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s