No Club de lectura semanal están a ler… Los girasoles ciegos

Texto por Gabriel Gómez

girasoles

Los girasoles ciegos. Información da obra

O autor

 

Alberto Méndez Borra (Madrid, 1941 – 2004), foi un escritor español famoso polo seu libro Los girasoles ciegos.

Fillo do tradutor e poeta José Méndez Herrera, a súa infancia transcorreu en Madrid. Estudou bacharelato en Roma (Italia), onde o seu pai traballaba para a FAO (siglas en inglés da Organización da ONU para a Alimentación e Agricultura) e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid. Persoa de esquerdas, militou no Partido Comunista até 1982. Traballou en grupos editoriais tanto dentro como fóra de España. En 2002 foi finalista do premio Internacional de Cuentos Max Aub por unha das narracións de Los Girasoles Ciegos.

Galardoado a título póstumo co Premio Nacional de Narrativa (España) 2005 por Los girasoles ciegos, libro composto de catro relatos ambientados na Guerra Civil española. A obra, publicada aos 63 anos, obtivo tamén os premios Setenil e da Crítica. O último relato do libro -o que lle dá nome- foi levado ao cinema en 2008 por José Luis Cuerda.

Aínda que non se dedicou á literatura até os seus derradeiros anos, Méndez traballou en estreita relación con ela. Foi redactor nas editoriais Les Punxes y Montena, entre outras, e cofundador nos anos sesenta de Ciencia Nueva, que foi pechada por Manuel Fraga en 1969; tamén foi alto executivo da editorial Montena.

Foi tradutor habitual na editorial Aguilar, para a que traduciu obras de autores da talle de Stevenson, Eliot, Shaw, Tennesse Williams… chegando a conseguir en 1962 o Premio Nacional de Tradución polas súas versións teatrais de Shakespeare. Tamén colaborou en postas dramáticas de TVE e foi guionista con Pilar Miró.
A obra. Los girasoles ciegos (2004)

 

Esta obra é un libro de contos artellado ao longo de catro historias -catro derrotas- que transcorren entre o período quizais máis duro da posguerra, que vai desde 1936 a 1942, e que sendo totalmente independentes están habilmente entrelazadas entre si.

Os seus personaxes son seres vencidos, seres que se encontran nun camiño, sen volta atrás posible, percorrendo un vieiro de entrega e resistencia sen seren conscientes do momento no que se abrirá a porta da traxedia.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s